Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito local para a empresa Urbaser, S.A. de Vilalba.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Urbaser, S.A. de Vilalba (Lugo), (código 2700851), asinado o día 19 de setembro de 2001, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de outubro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Vilalba 2001

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa con

cesionaria dos servicios públicos de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Vilalba, Urbaser, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Vilalba, no cal a empresa Urbaser, S.A. realiza, por concesión administrativa do Concello de Vilalba, a limpeza viaria e a recollida de lixo no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Vilalba.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de catro anos, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2004.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración de catro anos, ou sexa, ata o 31 de decembro de 2004, pactándose de común acordo que, con antelación de 2 meses á data de expiración se considera automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados nas táboas que se xuntan.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 9º.-Complemento penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

O complemento penoso e perigoso valórase como o 20% do salario base, percibindo cada ano de vixencia do convenio o 5% do salario base ata completa-lo 20%.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas e media. Terase dereito a media paga no mes de marzo e a dúas pagas completas nos meses de xullo e decembro, respectivamente, nunha contía de salario base máis antigüidade.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional de 30 días.

Establécese como período vacacional os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Os traballadoees que as desfruten fóra dese período terán dereito a dous días máis de vacacións.

Artigo 12º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por incapacidade temporal (IT) derivada de accidente laboral ou enfermidade común con hospitalización, establécese o aboamento do 100 % da mensualidade normal, sen ningún límite. Nos demais casos aplicarase o que establece a lei.

Artigo 13º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano a seguinte roupa:

Conductores:

Inverno:

1 pantalón, 1 camisa, 1 xersei, 1 cazadora, 1 anorak, 1 par de botas de seguridade, luvas anticortes.

Verán:

1 pantalón, 2 camisas, 1 cazadora, 1 par de botíns.

Peóns:

Inverno:

2 pantalóns, 2 camisas, 2 xerseis, 1 cazadora, 1 anorak, 1 par de botas de seguridade, 1 par de botas de auga, 1 traxe de augas, luvas anticortes, 1 gorra de inverno.

Verán:

1 pantalón, 2 camisas, 1 cazadora, 1 par de botíns, 1 gorra de verán.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria, que debe interpretar este convenio, estará composta polo delegado de persoal e polo representante da empresa. Ás reunións da comisión poderá asistir un asesor por cada unhas das partes.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia a interpretación do convenio.

Artigo 15º.-Garantía do posto de traballo.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre os que se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional deste convenio, levarase a cabo nos termos indicados neste artigo:

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade, que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores con dereito á reserva de posto de traballo que, no momento da finalización efectiva da contrata, teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incorporasen á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan outros que se xubilen cumpridos os 64 anos, dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima nela dos catros meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) A empresa ou entidade pública saínte deberá acreditarlle fidedigna e documentalmente tódolos supostos anteriormente citados á empresa entrante, e no prazo de dez días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante ou a saínte, lle comunique fidedignamente á outra empresa o cambio na adxudicación do servicio.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ó se produci-la subrogación, desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela lle corresponda, xa que o aboamento do outro período lle corresponde ó anterior adxudicatario, que deberá efectualo na correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás que vincula, empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente e traballador.

Se o cliente lle rescindise a contrata a unha empresa para deixar de presta-lo servicio ou realizalo por sí mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

No suposto de que unha ou varias contratas a actividade das cales está a ser desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto da súa posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal for a súa modalidade de contrato de traballo, e todo mesmo cando con anterioridade traballasen noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores que se atopen nos supostos 2 ó 5, ambos inclusive, e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios resultantes.

No caso de que distintas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou varias,

a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo isto mesmo cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores que se atopen nos supostos 2 ó 5, ambos inclusive, e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios agrupados.

A subrogación de persoal, así como os documentos que hai que facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división destas, así como nas agrupacións que daquela poidan efectuarse, mesmo tratándose de normais substitucións que se produzan entre empresas ou entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso mesmo cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado, e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación de persoal nos termos indicados, e iso con independencia tanto da aplicación, de se-lo caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas á que é obxecto de sucesión.

A empresa saínte deberalle facilitar á entrante os seguintes documentos:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique: nome, apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratactón e data do desfrute das súas vacacións. Se o traballador é representante dos traballadores, especificarase o período do seu mandato.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de iniciio do servicio da nova titular.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, de luns a sábado, cun descanso de 30 minutos para bocadillo. Establécese que libren tódolos traballadores un sábado ó mes en período non vacacional.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

A empresa contratará unha póliza de seguros individual ou colectiva, para tódolos traballadores, que cobre, en caso de morte ou invalidez derivada de acci

dente laboral por unha contía de 2.000.000 de pesetas para os anos 2001 e 2002, e de 3.000.000 de pesetas durante o resto de vixencia do convenio.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, agás nos casos de forza maior. Neste suposto establécese unha contía de 1.300 pesetas, con revisión anual segundo táboas.

Artigo 19º.-Festivos.

Os festivos traballados aboaranse cun sobresoldo de 7.000 pesetas por día traballado, con revisión anual segundo táboas.

Artigo 20º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. No caso de coincidir en festivo ou nun día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores posterior ou anterior.

Artigo 21º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

-15 días por casamento.

-2 días en caso de nacemento de fillo.

-2 días por enfermidade grave ou morte de familiares en primeiro grao (pai, nai, fillos, irmáns, cónxuxe) por consanguinidade ou afinidade.

-4 días cando polo motivo anterior necesite realizar desprazamento.

-1 días por traslado de domicilio habitual.

-5 días por asuntos propios, distribuídos da seguinte forma:

-Ano 2001: 1 días.

-Ano 2002: 2 días.

-Ano 2003: 4 días.

-Ano 2004: 5 días.

-Os permisos por asuntos propios non poderán ser desfrutados en sábado; só se poderá desfrutar un permiso por día.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

Artigo 22º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles, unha vez ó ano, unha revisión médica, que se realizará en Vilalba. Os resultados da revisión serán entregados ó traballador.

Artigo 23º.-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais aboaranse coa nómina do mes de outubro de 2001.

Artigo 24º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade devengarase por trienios e quinquenios cunha contía de 5.000 pesetas segundo a táboa

PeríodoPesetasEuros

0-55.00030,5

6-810.00060,1

9-1315.00090,15

14-1620.000120,2

17-2125.000150,25

21-2430.000180,3

Artigo 25º.-Anticipos reintegrables.

A empresa creará unha bolsa de 500.000 pesetas, cun límite de 50.000 por traballador e ano, co fin de facilitarlles ós traballadores anticipos sobre o seu salario. O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 12 pagas seguintes.

Artigo 26º.-Paga de sinatura de convenio.

Establécese unha paga extraordianria completa de sinatura de convenio, de carácter non consolidable, que se aboará coa nómina do mes de setembro de 2001.

Artigo 27º.-Incremento salarial.

-Ano 2001: 2,5% sobre salario actual.

-Ano 2002: 2,5% sobre táboas 2001.

-Ano 2003: 2,5% sobre táboas 2002.

-Ano 2004: 2,5% sobre táboas 2003.

Os anos 2003 e 2004 terán unha revisión ó IPC real de cada ano con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de cada ano

A táboa do 2004 elaborarase unha vez coñecido o IPC real de 2003.

Artigo 28º.-Complemento nocturno.

O complemento nocturno valórase como o 25% do salario base, percibindo un 6,25% do salario base por cada ano de vixencia ata completa-lo 25%.

Táboa salarial ano 2001

Pesetas

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado123,75414.35020602.028.103

Conductor día106.74814.35017801.773.058

Conductor noite106.74814.3501782221.839.331

Peón día98.24414.35016401.645.536

Peón noite98.24414.3501642051.706.529

Táboa salarial ano 2001

Euros

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado743,7886,251,240,0012.189,14

Conductor día641,5786,251,070,0010.656,29

Conductor noite641,5786,251,071,3311.054,60

Peón día590,4686,250,990,009.889,87

Peón noite590,4686,250,991,2310.256,45

Táboa salarial ano 2002

Pesetas

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado126.84814.70942302.141.807

Conductor día109.41614.70936501.871.728

Conductor noite109.41614.7093654562.007.587

Peón día100.70014.70933601.736.688

Peón noite100.70014.7093364201.861.725

Táboa salarial ano 2002

Euros

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado762,3788,402,540,0012.872,52

Conductor día657,6088,402,190,0011.249,31

Conductor noite657,6088,402,192,7412.065,84

Peón día605,2288,402,020,0010.437,71

Peón noite605,2288,402,022,5211.189,19

Táboa salarial ano 2003

Pesetas

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado130.01915.07665002.259.929

Conductor día112.15215.07656101.974.223

Conductor noite112.15215.0765617012.183.106

Peón día103.21815.07651601.831.370

Peón noite103.21815.0765166452.023.614

Táboa salarial ano 2003

Euros

Salario baseCom. transporteCom. penosoCom. nocturnoTotal anual

14,512,0298298

Encargado781,4390,613,910,0013.582,45

Conductor día674,0590,613,370,0011.865,32

Conductor noite674,0590,613,374,2113.120,73

Peón día620,3590,613,100,0011.006,76

Peón noite620,3590,613,103,8812.162,17