Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.535

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 2001 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para a atención e o desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega).

Cumpridos os trámites previstos na base décimo primeira da Orde do 28 de maio de 2001, pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para a atención e o desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega), e de conformidade co disposto na base décimo segunda da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo desta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 28 de maio de 2001 (DOG do 7 de xuño).

Segundo.-Para os efectos previstos no punto 2 da base décimo segunda, a toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 7 de xaneiro de 2002.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación da praza: apoio ós servicios educativos para desenvolver baixo o proxecto Siega.

Destino e seleccionado: Secretaría Xeral. Juan José Fernández García.

Denominación da praza: apoio á análise, deseño e xestión das bases de datos educativas do proxecto Siega.

Destino e seleccionado: Secretaría Xeral. Manuel López Mosquera.

Denominación da praza: apoio á xestión académica e ás novas tecnoloxías para a educación baixo o proxecto Siega.

Destino e seleccionado: Secretaría Xeral. Gonzalo Sanmartín Brey.

Denominación da praza: apoio ós centros docentes na implantanción das novas tecnoloxías e servicios educativos segundo o proxecto Siega.

Destino e seleccionado:

Betanzos: Juana María Fernández García.

Carballo: Miguel Llorente Cacho.

Cee: Luis Matías López Rivas.

Noia: José Antonio Martínez Lista.

Ortigueira: Raúl Hidalgo Cortijo.

A Pobra do Caramiñal: José Rodríguez Rial.

Burela: Juan Antonio Menéndez Rocha.

Monforte de Lemos: Germán José López García.

O Barco de Valdeorras: Antonio Blanco Madernaz.

O Carballiño: José Luis Sequeiros Nogueira.

Cangas: Juan Carlos Pérez Mestre.

A Estrada: José Ramón Fernández Vázquez.

Ponteareas: César Fernández Amosa.

Tui: Dolores Fernández Mira.