Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galega da Muller Emprendedora de Santiago de Compostela (A Coruña).

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galega da Muller Emprendedora.

Supostos de feito:

Primeiro.-Con data do 2 de xullo de 2001, solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galega da Muller Emprendedora, por medio de escrito presentado por Ángeles Iglesias Daviña, en calidade de representante da fundación.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública outorgada o 14 de xuño de 2001 en Santiago de Compostela, ante o notario Enrique Roger Amat co número 2.517 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por tódolos secretarios xerais na reunión celebrada o día 17 de xullo de 2001 elevou ó conselleiro da Presidencia e Administración Publica proposta de clasificación como de interese galego da Fundación Galega da Muller Emprendedora.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 20 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 153, do 8

de agosto), clasificouse como de interese social a Fundación Galega da Muller Emprendedora, tendo en conta o disposto no artigo 32.2º c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado de fundacións de interese galego e dado o seu obxecto adscribiuse á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Quinto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente, constan, entre outros, os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial, estatutos nos que consta o obxecto (o fomento, a promoción e o recoñecemento de toda clase de iniciativas que reforcen a participación e a presencia da muller no mundo empresarial e social) e a denominación (Fundación Galega da Muller Emprendedora), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Loida Zamuz Martínez como presidenta.

Ana María Méndez Gómez como vicepresidenta.

Ángeles de la Iglesia Daviña como secretaria.

María Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego como vocal.

María José Rouco Lamela como vocal.

Sexto.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez revisados os seus estatutos, solicitou informe da asesoría xurídica, conforme o disposto no artigo 32.2º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu con data 19 de setembro de 2001.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 1 do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, modificado polos decretos 117/1999, do 23 de abril, 202/2000, do 21 de xullo, e 200/2001, do 27 de agosto, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións da Fundación Galega da Muller Emprendedora, dado o seu obxecto coincidente coas competencias desenvolvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinta.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Así, en virtude do artigo 34 da Constitución española de 1978, o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, modificados polos decretos 117/1999, do 23 de abril, 202/2000, do 21 de xullo e 200/2001, do 27 de agosto, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a demais normativa de desenvolvemento e de

xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer a declarar de interese galego a Fundación Galega da Muller Emprendedora de Santiago de Compostela (A Coruña).

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a dar contas anualmente ó protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude