Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alberto Pérez Vázquez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra tramítase o recurso número 159/2001 (procedemento abreviado), interposto por Alberto Pérez Vázquez na súa condición de aspirante incluído na lista para vinculacións temporais da categoría de médicos de familia (Pontevedra-norte). O recorrente pretende a valoración, polo epígrafe de experiencia profesional, do período de formación como médico residente do programa MIR, e unha puntuación total de 11,02 puntos.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos