Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30-7-2001, publicouse a acta de constitución e o Regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O secretario da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia comunica a esta Dirección Xeral de Relacións Laborais as modificacións que houbo na composición dos membros da referida comisión paritaria territorial, así como a súa nova sede social.

Así mesmo, e de acordo co establecido nos artigos 4 e 6 do citado regulamento, relativos respectivamente, á subsitución dos membros da comisión e da secretaría, e en virtude do disposto no artigo 83.3º en relación co 90, números 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro das modificacións que houbo na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, e remitir copias desta á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Fomación Continua de Galicia.

1. En representación da Confederación de Empresarios de Galicia:

Debe figurar como vocal suplente Alberto Domínguez Royo, en vez de Alberto Domínguez López, que figuraba por erro con anterioridade.

2. En representación da Confederación Intersindical Galega:

Nomease a:

-Titular: Serafín Otero Fernández.

-Suplente: Xurxo Arias López.

Así mesmo, comunícase que a nova sede é a seguinte:

Avda. Quiroga Palacios, 22 baixo.

15703 Santiago de Compostela (A Coruña).