Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 354 que afecta o monte Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira e Penouseira, da parroquia de Leiro (concello de Rianxo).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 10 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«Reunido o 10 de maio de 2001 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes, coa asistencia dos vocais, Josefa Fernández Fernández, xefa do Servicio de

Montes e I.F., Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común, e da secretaria Ana María Díaz López, xefa do Servicio Xurídico da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, para estudiar e resolve-lo

Expediente: 354.

Monte: Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira, e Penouseira.

Comunidade: Pª de Leiro.

Parroquia: Leiro.

Concello: Rianxo.

Antecedentes de feito:

1. Diversos veciños da parroquia de Leiro, concello de Rianxo, solicitaron con data 2-10-1998 deste xurado a declaración como veciñal da expresada parroquia, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 10,90 ha.

Lindeiros:

Parcela 1. Monte Moucho. Superficie 0,78 ha. Situado no lugar de Brión. Norte: Germán Alcalde e outros. Leste: Duarte e outros, lindando co primeiro mediante un muro de cantería da súa propiedade. Sur: Baltasar Domínguez. Oeste: limita mediante unha pista e un muro de cantería, e unha aliñación de pedras, con sendos propietarios particulares.

Parcela 2. Pedriñas Negras. Superficie 0,60 ha. Situado no lugar de Brión. Norte: Isabel Mayán e outros propietarios particulares. Leste: propietarios particulares. Pista de terra na súa parte sur. Sudoeste: muro de pedras e camiño que discurren ó longo do límite da parcela e que a separan de propietarios particulares.

Parcela 3. Monte Pedrouso. Superficie 2,21 ha. Situado no lugar de Abuín. Norte: camiño que limita con propietarios particulares. Leste: propietarios particulares. Sur: coa costa. Oeste: propietarios particulares. Camiño que discorre polo límite da propiedade na parte sur.

Parcela 4. Monte Regueiro. Superficie 0,59 ha. No lugar de Abuín. Leste: muro de pedras que discorre pola parte deste límite e que o separa de propietarios particulares. Sur: propietarios particulares. Oeste: limita na parte norte mediante pista con propietario particular e o resto do límite discorre ó longo do regato.

Parcela 5. Malladoira. Superficie 1,18 ha. Lugar de Abuín. Oeste: varios propietarios particulares. Leste: ó sur Manuel e José Escurís e ó norte Germán Alcalde e Alfonso García.

Parcela 6. Penouseira. Superficie 5,52 ha. Lugar de Abuín. Norte: muro de cantería que limita con Manuel Escurís, e aliñación de pedras que limitan con José Escurís e Fermín Muíños. Leste: hrdos. de Rivera e outros. Sur: Costa. Oeste: pista de terra que linda con propietarios particulares.

2. Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 17-11-1999, acordou inicia-lo oportuno expediente, nomeándose como instructor del a Juan Ramón Beneyto Bellas, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Padrón, oídas tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do Concello de Rianxo, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 83, do 2-5-2000), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3. Os veciños da parroquia de Leiro fundamentan a súa petición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común en que desde hai máis de sesenta anos veñen desfrutando e aproveitando os dios montes sen asignación de cotas por ningún dos membros que integran a dita comunidade e que, segundo lembran, xa os seus antepasados viñan facéndo da mesma maneira. Presentan acta de manifestacións ante notario na que afirman tal condición. Finalizado o período de publicación dos edictos, non houbo alegación ningunha contra este expediente.

4. Na tramitación destas actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables ó caso.

Fundamentos de dereito:

1. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer deste expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. De conformidade co contido do artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Leiro concello de Rianxo son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3. Para a súa calificación como veciñal en man común, o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta

dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de1992).

4. Das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do expresado no punto anterior, dedúcese que, neste caso, nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal da parroquia de Leiro, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, por proposta do instructor

Acorda cualificar como monte veciñal en man común, da comunidade veciñal da parroquia de Leiro, concello de Rianxo, o denominado monte Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouso, Regueiro, Malladoira, e Penouseira, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro antecedente. Así mesmo, acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Medio Ambiente da Coruña».

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña no prazo dun mes ou recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de maio de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña