Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., con nº de código 3601742 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 1-8-2001. De conformidade co disposto no arti

go 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas

de Construcción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios na empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluídos na alínea C, punto 3º do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001. A vixencia será a totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se lograr acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Procedemento de denuncia.

A denuncia na que se propoña a revisión do presente convenio deberá ser presentada por calquera das partes deliberantes cunha anticipación mínima dun mes. Desta comunicación enviarase copia para efectos de rexistro á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das dúas representacións que toma

ron parte na negociación do convenio. Unha e otra poderanse dotar de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal obreiro establécense como segue:

-Axuda de custo completa: 2.912 pesetas.

-Media axuda de custo: 1.164 pesetas.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3,5% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-2001 supere o 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe, que afectará os conceptos previstos no parágrafo anterior. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real do 2001 e aboarase con efectos do 1 de xaneiro dese ano. Cando proceda a aplicación desta cláusula, os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

-Xullo, 30 días, pagadoira o día 15 de xullo.

-Nadal, 30 días, pagadoira o día 20 de decembro.

Artigo 8º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data do asinamento deste convenio.

Artigo 9º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

Establécese un complemento de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio, de carácter diario, que se fixa en 493 pesetas para o ano 2001.

A percepción do presente complemento estará suxeita ás seguintes regras:

1º. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador, no momento de comeza-la xornada laboral, non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2º. No suposto anterior, o traballador perderá o 5 por cento do complemento de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3º. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral perdéndose o 10 por cento do complemento cada vez que se produza a dita falta.

4º. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20 por cento do complemento.

5º. As licencias establecidas no presente convenio e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte, sexa cal for o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, complemento que se aboará por día de traballo efectivo.

Para o ano 2001, este establécese na cantidade de 611 pesetas. As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida coma a continuada, e en cómputo anual realizaranse 1.756 horas, segundo o establecido no artigo 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables, aplicarase o establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado polo presente convenio estará suxeito á quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado establecerase o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o 1 de xullo ó 1 de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo, garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 12º.-Organización do traballo.

Na sección de teares establécese un sistema de organización do traballo consistente na definición dos seguintes equipos de traballo:

a) Equipos flexibles: encargaranse dos labores necesarios desde que se descargue o tear ata o deixar novamente cargado. Asígnanse 3 equipos de 4 persoas cada un. Dos 4 operarios que compoñen cada equipo un descansa. Deste xeito, e mediante un sistema rotatorio de descansos, cada integrante do equipo ten garantidos 2 descansos fixos de 2 días cada 16 días, á parte dos que lle poidan corresponder en función das cadencias de carga e descarga dos teares.

b) Equipos normais: formados por un xefe de equipo e un axudante atenderán o correcto funcionamento dos teares. En quendas de mañá, tarde e noite e mediante un calendario de rotacións entre 5 equipos conséguese ter cuberto este servicio tódolos días do

mes. Os axudantes percibirán un complemento de posto de traballo equivalente á diferencia entre o seu salario e o establecido para a categoría de oficial de 3ª.

O importe do complemento establecido para cada un dos integrantes dos equipos descritos nas letras a) e b) anteriores fíxanse en 36.446 pesetas mensuais para este ano.

Os operarios que atendan o tren de pulido percibirán un complemento de posto de traballo igual ó descrito na letra b) para os axudantes.

A empresa reitera o seu interese en establecer un complemento de calidade por seccións, complemento que só se poderá establecer cando se conte cos medios técnicos de control de calidade necesarios para valora-la evolución da calidade nas distintas fases do proceso productivo.

Artigo 13º.-Promoción no traballo.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

A) Titulación adecuada.

B) Coñecemento do posto de traballo.

C) Historial profesional.

D) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

E) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 14º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente calquera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rexan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas e terán para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións será informado o comité de empresa.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis complemento de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día laborable anterior ó seu desfrute.

Artigo 16º.-Licencias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador que as que aquí se establecen:

Concepto

Días

naturais

Matrimonio do traballador15

Matrimonio de fillos ou irmáns da provincia1

Matrimonio de fillos ou irmáns fóra da provincia2

Enfermidade grave do cónxuxe (convivente), pais ou fillos na provincia6

Enfermidade grave do cónxuxe (convivente), pais ou fillos fóra da provincia7

Enfermidade grave de irmáns2

Parto da esposa e/ou compañeira6

Morte de cónxuxe e/ou convivinte, pais e fillos6

Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos2

Morte de irmáns políticos ou tíos1

Traslado de domicilio habitual dentro da provincia3

Traslado de domicilio habitual fóra da provincia5

En tódolos casos será con notificación á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle roupa de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso.

Pezas de roupa

Cantidade

Parque de

bloques e

teares

Mantemento

Resto

persoal

Fundas ou traxes14 meses4 meses6 meses
Camisa remeira112 meses12 meses12 meses
Botas16 meses6 meses6 meses

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do Centro de Seguridade e Hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 19º.-Baixa hospitalaria.

En caso de baixa hospitalaria, a empresa complementaralles ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización segundo detalle:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 20º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará a Seguridade Social ou mutua patronal ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, a partir dos 20 días e ata un máximo de 120 días.

Nos casos de ILT de longa duración e exceptuados aqueles casos nos que o accidente fose debido a incumprimento por parte do traballador das normas de prevención, a empresa complementará a prestación desde o primeiro e ata un máximo de 150 días.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-Caso de morte: 6.000.000.

-Invalidez total para traballo habitual: 6.000.000.

-Invalidez absoluta: 6.000.000.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 22º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 23º.-Partes asinantes.

O presente convenio é asinado por José Luis Heitzmann Hernández, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

-Jesús Alonso González.-Antonio Costas Iglesias.-José A. Araújo Collazo.-Maximino Manuel Alonso Martínez.

O Porriño, 1 de agosto de 2001.

Táboa horas extras ano 2001

Categoría profesional

Base

ptas./hora

Horas

2001

-Técnicos medios
Mestres industriais1.4081.450

-Administrativos
Xefe 1ª1.4721.516
Xefe 2ª1.3291.369
Oficial 1ª1.2301.267
Oficial 2ª1.1521.187
Auxiliar1.0861.119

-Persoal técnico non titulado
Delineante superior1.3291.369
Delineante 1ª1.2301.267
Delineante 2ª1.1521.187
Calcador1.0861.119

-Persoal técnico de organización
Técnico organización 1ª1.2301.267
Técnico organización 2ª1.1521.187
Auxiliar de organización1.0861.119

-Persoal técnico de fabricación
Encargado de sección1.3301.370
Contramestre1.2041.240
Inspector de control1.1401.174
Ordenanza1.1071.140
Porteiro1.1071.140

Categoría profesional

Base

ptas./hora

Horas

2001

Almaceneiro1.1071.140
Garda xurado1.1071.140

Xefe de equipo1.1741.209
Oficial 1ª1.1601.195
Oficial 2ª1.1401.174
Oficial 3ª1.1191.153
Especialista1.1131.146
Peón1.1071.140
Operario de limpeza 785 809

Táboa salarial ano 2001

Salarios

Categoría profesionalBase 2000MensualDiario

-Técnicos medios
Titulados grao medio199.080206.048
Mestres industriais181.240187.583

-Administrativos
Xefe 1ª199.080206.048
Xefe 2ª173.028179.084
Oficial 1ª147.444152.605
Oficial 2ª133.825138.509
Auxiliar108.087111.870

-Persoal técnico non titulado
Delineante superior173.028179.084
Delineante 1ª147.444152.605
Delineante 2ª133.825138.509
Calcador108.087111.870

-Persoal técnico de organización
Técnico organización 1ª147.444152.605
Técnico organización 2ª133.825138.509
Auxiliar de organización108.087111.870

-Persoal técnico de fabricación
Encargado xeral194.877201.698
Encargado de sección173.028179.084
Contramestre152.864158.214
Inspector de control136.057140.819
Ordenanza119.659123.847
Porteiro119.659123.847
Almaceneiro119.659123.847
Garda xurado119.659123.847

Xefe de equipo 4.8304.999
Oficial 1ª 4.6624.825
Oficial 2ª 4.4874.644
Oficial 3ª 4.3144.465
Especialista 4.1004.244
Peón/operario limpeza 2.9323.035