Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do sector de fabricantes de ataúdes de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de fabricantes de ataúdes de Ourense (código de convenio número 3200045 publicado no BOP nº 146, do 27-6-2001), no que se acorda a adaptación a euros das cantidades das táboas salariais vixentes do convenio, con entrada nesta delegación provincial o día 28 de setembro de 2001, subscrito con data do 27 de setembro de 2001, polos integrantes da comisión paritaria do citado convenio.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económicas e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de outubro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Reunidos a comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes, acordan a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas aalariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, que queda como segue:

Artigo 17.-Desgaste de ferramentas.

O importe deste complemento, cando proceda, será de: 2,40 euros/semana para os profesionais especialistas e de 1,17 para os aprendices.

Artigo 22.-Horas extraordinarias.

O prezo da hora extraordinaria será de 9,62 euros para tódalas categorías.

Artigo 24.-Póliza de seguros.

Accidente común con resultado de morte: 18.030,36 euros. Accidente laboral con resultado de morte: 21.035,42 euros. Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 27.045,54 euros.

ANEXO I

Táboa salarial

Encargado xeral: 798,20 euros.

Encargado de producción: 798,20 euros.

Oficial de trazado: 798,20 euros.

Oficial 1ª: 784,66 euros.

Oficial 2ª: 775,58 euros.

Axudante: 749,42 euros.

Peón especialista: 743,71 euros.

Peón: 741,79 euros.

Pulimentador: 784,66 euros.

Terminador: 784,66 euros.

Maiores de 18 anos: 497,54 euros.

Conductor 1ª: 784,66 euros.

Conductor 2ª: 775,58 euros.

Garda ou vixilante: 743,71.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando esta acta de acordo tódolos asistentes.

Ourense, 27 de setembro de 2001.