Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 14 de setembro de 2001, subscrito con data do 27 de agosto de 2001, dunha parte por Octavio J. Cid André, en representación da parte económica, e doutra pola totalidade dos traballadores da empresa.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de outubro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Táboa salarial para 2001

Salario

base

Complem.

transporte

Encargado xeral99.2138.264
Xefe de contabilidade97.7308.264
Encargado de almacén87.9868.264
Xefe de negociado87.9868.264
Oficial de primeira81.7958.264
Oficial de segunda79.7468.264
Cobrador78.3798.264
Conductor de remolque81.7958.264
Conductor de camión pesado81.7958.264
Conductor de reparto81.7958.264
Mecánico visitador81.7958.264
Mecánico instalador81.7958.264
Conductor de carreta81.7958.264
Mozo de reparto78.5328.264

Salario

base

Complem.

transporte

Garda78.5328.264
Mozo de almacén78.5328.264
Aprendiz74.1118.264
Xefe administrativo87.9868.264
Oficial administrativo81.7958.264
Auxiliar administrativo79.7468.264
Telefonista de pedidos79.7468.264
Limpadora532-H8.264

Representante dos traballadoresPola empresa

Manuel A. García GinzoOctavio J. Cid André

RubricadoRubricado