Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de novembro de 2001 pola que se conceden axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 15 de febreiro de 2001 (DOG do 5 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 6 de xuño de 2001 (DOG do 28 de xuño), publicouse a concesión destas axudas. Nesta orde houbo erros na adxudicación, polo que é preciso publicar unha nova orde de concesión de axudas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas axudas pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efectos a Orde do 6 de xuño de 2001 (DOG do 28 de xuño) pola que se conceden axudas a conservatorios de música públicos non

dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo I a esta orde.

Terceiro.-Amplíase o prazo para a xustificación completa dos gastos realizados ata o 31 de decembro de 2001. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán esta xustificación na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación do conservatorioContía da axuda concedida

(pesetas)

Arzúa1.910.753

Betanzos2.744.878

Carballo 3.829.454

Culleredo2.987.385

Melide2.850.191

Pontes de García Rodríguez, As4.573.216

Ribeira4.188.728

Monforte de Lemos2.995.471

Vilalba5.503.140

Viveiro7.341.136

Barco de Valdeorras, O3.595.728

Carballiño, O2.946.184

Ribadavia1.629.868

Xinzo de Limia2.874.914

Cangas3.721.265

Estrada, A4.073.138

Gondomar3.525.827

Guarda, A2.365.381

Lalín4.920.889

Reveriano Soutullo-Ponteareas5.436.038

Redondela3.425.544

Tui2.560.872