Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.281

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de novembro de 2001 pola que se resolve a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para o financiamento dos seus estudios do 3º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

Por Orde do 2 de maio de 2001 (DOG do 21 de maio), aprobáronse as bases que rexen a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para o financiamento dos seus estudios do 3º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

As solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo correspondentes ó curso 2001-2002 que se relacionan no anexo I desta orde, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 340.000 pesetas (2.043,44 euros), correspondentes á partida orzamentaria 07.05. 322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios da prórroga do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo correspondentes ó curso 2001-2002 que se relacionan no anexo II desta orde, ós que se lles concedeu o préstamo na convocatoria anterior, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 33.500 pesetas (201,34 euros), correspondentes á partida orzamentaria 07.05. 322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Terceiro.-Os solicitantes que figuran no anexo III deberán considerar desestimada a súa solicitude polas causas que nel se especifican.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo I da presente orde, subscribirán os contratos de préstamo coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova (Caixa de Aforros de Vigo, Caixa de Aforros de Pontevedra, Caixa de Aforros de Ourense), Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Etcheverría), asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de decembro de 2001.

Quinto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios, tanto dos préstamos como das prórrogas, de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 2 de maio de 2001, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Concedidas 1ª vez

Nº EXPTE.DNI/CIFSOLICITANTECONT.

SOLICITADA

2001/000011-078737164ANTELA BERNARDEZ, IGNACIO BORJA500.000

2001/000020-001928340CURRAS MARTINEZ, MARTA CRISTINA500.000

2001/000036-035251061DEL OLMO CASALDERREY, Mª LUISA500.000

2001/000012-044812289FAGILDE FANDIÑO, ANGEL500.000

2001/000008-034896611FRANCO GRELA, ANA ISABEL500.000

2001/000021-078738875LODEIRO CERNADA, ROSA Mª1.000.000

2001/000027-078735997MARTINEZ CASAS, LIDIA500.000

2001/000002-03388399MEDINA ZAMALLOA, CARLOS ALBERTO500.000

2001/000024-032690595MENDEZ GARCIA, BEATRIZ500.000

2001/000028-032825117MENDEZ LEIVA, MARTA Mª500.000

2001/000030-044758486PEREZ MESTRE, JUAN C.500.000

2001/000029-034965939PRADA HERVELLA, GERARDO500.000

2001/000031-036096732PRIETO RAMOS, M JESUS500.000

2001/000014-053177812RELLAN PIÑEIRO, SANDRA500.000

Nº EXPTE.DNI/CIFSOLICITANTECONT.

SOLICITADA

2001/000006-044815055RIVAS CAPEANS, JOSE LUIS500.000

2001/000001-032636686RODRIGUEZ FRAGA, BEATRIZ500.000

2001/000032-044810094RODRIGUEZ GUEVARA, ALVARO500.000

2001/000013-044819082SANDE NIETO, PAULA500.000

2001/000017-044813079SANTOS PEREZ, ANTON500.000

2001/000018-044461999SIEIRO PIÑEIRO, Mª DEL PILAR500.000

2001/000033-076816687TABOADA RODRIGUEZ, JOSE JULIO1.000.000

2001/000034-032685461TEIJEIRO FERNANDEZ, NOE500.000

2001/000022-036093537TORRADO GONZALEZ, IGNACIO500.000

2001/000004-076862131TORRES ROMAY, EMMA500.000

2001/000035-071267530VAZQUEZ VELEZ, IGNACIO500.000

2001/000005-032335278VIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANA1.000.000

2001/000007-034994064VIEJO RUBIO, RAIMUNDO1.000.000

Nº EXPTE.DNI/CIFSOLICITANTECONT.

SOLICITADA

2001/000009-032827411VILELA LOZANO, JUAN1.000.000

2001/000015-036127078VILLAR GONZALEZ, ADRIANO500.000

ANEXO II

Prórrogas concedidas-1ª prórroga

Nº EXPTE.DNI/CIFSOLICITANTE

PRÓRROGA

2001/000002-034265684GOMEZ LOPEZ, PAULASI

2001/000003-079314451MARCOTE ESCARIZ, MANUEL ANGELSI

2001/000005-032831159PAZ TEDIN, VANESSASI

2001/000004-032684461RUIZ BILBAO, CRISTINASI

2001/000001-032335278VIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANASI

ANEXO III

Denegadas 1ª vez

Nº EXPTE.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACION

2001/000010-044451209AFONSO DOMINGUEZ, MIRIAMFALTA DE DOCUMENTACIÓN

2001/000023-0 2457960CARDOSA NAGERA, LINETNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2001/000026-076726721GOMEZ ALVAREZ, OSCARNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2001/000003-032686522RODRIGUEZ SIMON, GLORIA MARIANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA