Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (631/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 631/2001 por instancia de Eugenio Pedraja Regela contra Construcciones Anlofi, S.L., sobre despedimentos nos que recaeu sentencia en data 17-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Eugenio Pedraja Regüela contra a empresa Construcciones Anlofi, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento da cantidade de 277.742 pesetas en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 8.800 pesetas día.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándooo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Construcciones Anlofi, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 30 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado