Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (137/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 137/2001, por instancia de José Manuel Canedo Cardama e outros contra Seijo Fontaneros, S.L. e Fogasa, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 18-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por José Manuel Canedo Cardama, Miguel González Fraga e Alberto Fraga Rabuñal, contra a empresa Seijo Fontaneros, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á actora as cantidades de 442.567 pesetas para o primeiro deles, 378.022 pesetas para o segundo e 403.168 pesetas para o terceiro deles, por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na

mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándooo e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Seijo Fontaneros, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 30 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado