Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.253

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (640/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña.

Dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 640/2001, por instancia de María Dolores Amado López contra Cablogis, S.L. e outra sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 22-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que estimando a demanda promovida por María Dolores Amado López contra Cablogis, S.L. e Centrans Servivio Inmediato, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á actora, e así mesmo extinguida a relación laboral ó día de hoxe condenando as demandas a que indemnicen a demandante respondendo solidariamente do seu aboamento, na cantidade de 359.592 pesetas en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata o día de hoxe que ascenden á suma de 332.552 pesetas.

Así, por esta a miña sentencia, contra a que poderá recorrerse e, suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contada desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que o tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta

cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o fin de que sirva de notificación á empresa, expido e asino a presente cédula na Coruña.

O secretario xudicial

Rubricado