Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.253

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (566/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 566/2001, por instancia de Óscar García Vázquez e outro contra Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 22-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Óscar García Vázquez e Michele Spoleto contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós demandantes o 15-6-2001, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 153.690 pesetas para Óscar García Vázquez e 127.603 pesetas para Michele Spoleto, en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 4.600 pesetas diarias para Óscar García Vázquez e 5.000 pesetas diarias para Michele Spoleto.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indis

pensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo subtituirse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas, na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado