Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (130/2000).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que nos autos que a seguir se dirán, consta a sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Arzúa, 26 de outubro de 2001.

Mónica Sánchez Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia desta localidade e o seu partido xudicial, viu o xuízo de divorcio seguido ante este xulgado co nº 130/2000, por instancia de Concepción López Santiso, representada pola procuradora Ana González Gancedo e asistida polo letrado Francisco Javier Fernández Sarandeses, contra Jesús Manuel Fernández Uría, declarado en rebeldía, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada pola procuradora Ana González Gancedo, en nome e representación de Concepción López Santiso, contra o demandado Jesús Manuel Fernández Uría, debo declarar e declaro a disolución do matri

monio da demandante e o demandado por divorcio, ó abeiro do artigo 86.3º b) do Código civil, con tódolos efectos inherentes a tal pronunciamento.

Comuníquese esta resolución ó Rexistro Civil en que estea inscrito o matrimonio dos solicitantes.

Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación, que deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Manuel Fernández Uría, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Arzúa, 7 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado