Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (260/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 260/2001, por instancia de Francisco Blanco Gilda contra a empresa Antonio Varela Fraga, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Francisco Blanco Gilda contra a empresa Antonio Varela Fraga, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle abone á demandante a cantidade de 330.647 pesetas, por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar, además, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta con clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Antonio Varela Fraga, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 5 de novembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado