Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes maiorista con XG-200 a Viagal Tours Viaxes, S.A., sita na rúa Santiago de Chile nº 30, entresollado, de Santiago de Compostela.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Mariano Rodríguez Tejedor, na súa calidade de representante legal de Viagal Tours Viaxes, S.A., titular de Viagal Tours Viaxes, S.A. en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo maiorista, sita na rúa Santiago de Chile nº 30, entresollado de Santiago de Compostela.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 6 do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Concede-lo título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista, co XG-200, a Viagal Tours Viaxes, S.A., con casa central en Santiago de Chile nº 30, entresollado de Santiago de Compostela, da que é titular Viagal Tours Viaxes, S.A., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo