Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 31 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se fai público un requirimento en relación ó expediente administrativo FM301L 2001/106-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, de 27 do novembro), e non sendo posible a práctica da notificación do requirimento de documentación do expediente administrativo conforme o establecido no artigo 3.3º do Decreto 208/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o procedemento para a homologación de especialidades formativas e para a inscrición no Censo de Centros Colaboradores de Formación Ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (DOG nº 137, do 18 de xullo), normativa vixente no momento de presentación da solicitude, no domicilio sinalado polo interesado que a continuación se relaciona, publícase:

Expediente: FM 301L 2001/106-5.

Interesado: Asia Pacifics Drilling Specialists.

Enderezo: apartado de correos, 25, 36970 Sanxenxo (Pontevedra).

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Memoria e planos dos inmobles e instalacións correspondentes a cada especialidade.

-Xustificante da propiedade, arrendamento ou título lexítimo de posesión dos inmobles e instalacións.

-Programa de prácticas e coñecementos profesionais, estructurados por módulos.

-Tipoloxía das probas de avaliación que se vaian efectuar ó alumno.

-Relación de maquinaria, utensilios e material de consumo que se utilizará en cada curso.

-Textos e outros medios didácticos.

-Relación do profesorado, experto na especialidade, acreditando documentalmente a súa formación.

-Actividade do centro.

-Memoria xustificativa da necesidade de impartición de cada especialidade solicitada.

-Licencia municipal de apertura como centro de formación.

-Código de identificación fiscal e estatutos ou normas legalizadas polas que se rexe a entidade.

-Descrición do equipo informático de que dispón.

-Taxas de homologación do centro.

-Taxas de homologación de especialidades relacionadas con perforación para petróleo e gas (xa sexa no mar como na terra), indicando as especialidades co seu código.

Comunícaselle que, de non enviarnos a documentación requirida transcorrido o prazo citado, se declarará desistido da súa petición e arquivarase a súa solicitude, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

O correspondente expediente atópase no Servicio de Planificación de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

José Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación