Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de setembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado A Veiga e Teixugos, a favor dos veciños de Fonte Arcada e O Mosteiro, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, acordou en sesión celebrada con data do 18 de maio de 2001, inicia-lo expediente de clasificación coma veciñal en man común do monte coa denominación A Veiga e Teixugos e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación: monte A Veiga e Teixugos.

Comunidade propietaria veciños de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Superficie: 35,5224 hectáreas, aproximadamente.

Monte A Veiga:

Superficie: 33,479 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: termo municipal de Porqueira e monte dos veciños da Aspra.

Sur: predios particulares de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Leste: camiño e predios particulares de O Mosteiro.

Oeste: camiño (que coincide con termo municipal de Calvos de Randín).

Monte Teixugos:

Superficie: 2,04434 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: predios particulares de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Sur: predios particulares de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Leste: predios particulares de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Oeste: predios particulares de Fonte Arcada e O Mosteiro.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de setembro de 2001.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense