Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do Parque Eólico Ampliación de Meda, o proxecto de execución das instalacións que comprende, o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se desenvolverán conforme o sinalado no proxecto presentado, no concello de Parada de Sil provincia de Ourense. (Expediente IN661A 01/5-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Eólicas del Sil, S.A. de autorización administrativa e declaración de utilidade pública,

aprobación do proxecto modificado de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio ambiental do Parque Eólico Ampliación de Meda.

A lexislación, que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores, é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia; Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro, polo que se aproba o regulamento de execución do Real decreto lexislativo 1302/1988, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental e as súas posteriores modificacións.

2. Características básicas do proxecto modificado.

a) Peticionario: Eólicas del Sil, S.A.

b) Enderezo do peticionario: avda. do Cruceiro da Coruña nº 210 A; 15705-Santiago de Compostela.

c) Denominación: Parque Eólico Ampliación de Meda.

d) Situación: concello de Parada de Sil (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM.

Punto 1 (614000, 4690000).

Punto 2 (611500, 4692500).

Punto 3 (615500, 4692500).

Punto 4 (615500, 4688000).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 16 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia brutal de 13,6 MW, equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico, situados no alto dunha torre de aceiro de 45 m de altura, cimentada sobre zapata de formigón armado.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos enterrados, a 20 kV, independientes entre si, de 7,65 MW (aeroxeradores 1 ó 9) e 5,95 MW (aeroxeradores 10 ó 16).

-Liña subterránea, a 20 kV, de evacuación da enerxía ata a subestación existente, 20/220 kV, no P. Eólico de Sil C.T.

-C.T. que se instalará en cada aeroxerados de 900 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 1.503.939.816 pesetas.

3. Urxente ocupación.

O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental.

O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1, e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria; Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente, e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Ter por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, que se inclúe dentro da modificación do Plan eólico estratéxico de Iberinco, que se someteu a información pública por resolución da Dirección Xeral de Industria do 3-7-2001 (DOG do 20 de agosto).

6. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial; rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, tamén os organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 13 de novembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Parque Eólico Ampliación de Meda.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Concello: Parada de Sil.

Provincia: Ourense.

Predio:

Nº: 1.

Catastro: 57/622; 58/33 e 34; 60/164.

Lugar: cabeza de Meda, Burdiallos, Pesqueira.

Cultivo: monte baixo.

Afección:

Superficie (m): 211.460.

Propietarios:

Nome e apelidos: C.M.V.M.C. do Coutiño, O Couto, Santigueiro, Requián, Teimende, Celeirón, As Paradellas, rpta.: José Domínguez Coello (presidente).

Enderezo: 32740 O Coutiño, Parada de Sil (Ourense).