Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se modifica a do 4 de xuño de 2001, que establece as condicións de concesión de axudas ós investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios.

A Orde do 4 de xuño de 2001 establece o Regulamento da xestión das axudas para investimentos na mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios, incluídas no Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-

2006. As condicións e limitacións establecidas nela bas-

eáronse no sinalado no propio Programa Operativo

e no Real decreto 117/2001.

Elaborado con posterioridade o complemento do programa, segundo o disposto no artigo 9 do Regulamento (CE) nº 1260/1999, e non poñendo obxeccións a Comisión da Unión Europea ás condicións recollidas nel, referentes á mellora das condicións e transformación de productos agrarios, convén adapta-la orde xa publicada ó seu contido.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o punto 3º do artigo 3 da Orde do 4 de xuño de 2001, que queda redactado da seguinte forma:

«3. As axudas non poderán ser destinadas ós investimentos que se relacionan no anexo I desta orde, salvo no caso de cofinanciamento exclusivo con fondos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Neste caso, non se terán en conta as limitacións sinaladas nos puntos 5, 6, 8, 9, 10 e 11 do referido anexo.

Así mesmo, non serán obxecto de axuda os gastos previstos no anexo II, nin os seguintes investimentos:

a) Os relativos á fase de comercio polo miúdo.

b) Os referentes á comercialización ou transformación de productos de terceiros países.

c) Os investimentos que non utilicen productos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea».

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria