Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se ordena a publicación do convenio de colaboración asinado o 18 de outubro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e a Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo, a sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia e as tres universidades de Galicia para a creación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e dos estatutos do citado consorcio.

Con data do 18 de outubro de 2001 as consellerías da Presidencia e Administración Pública, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e

Turismo, a sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia e as tres universidades de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para a creación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, autorizado polo Consello da Xunta do 11 de outubro de 2001.

Antes de proceder á constitución do citado consorcio.

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio de colaboración entre as consellerías da Presidencia e Administración Pública, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a sociedade anónima de xestión Centro de Supercomputación de Galicia e as tres universidades de Galicia para a creación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, asinado o 18 de outubro de 2001, que figura como anexo I desta resolución, así como os seus estatutos que figuran como anexo II á presente resolución.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO, A SOCIEDADE ANÓNIMA DE XESTIÓN CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA E AS TRES UNIVERSIDADES DE GALICIA PARA A CREACIÓN DO CONSORCIO DE BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS DE GALICIA

Santiago de Compostela, 18 de outubro 2001.

REUNIDOS

Jaime Pita Varela, conselleiro da Presidencia e Administración Pública, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Jesús Pérez Varela, Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, como presidente do Consello de Administración da S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia en virtude das facul

tades delegadas conferidas na reunión do seu Consello de Administración celebrada o 23 de marzo de 1998.

Darío Villanueva Prieto, rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude da competencia atribuída no artigo 78 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

José Luis Meilán Gil, rector magnífico da Universidade da Coruña, en virtude da competencia atribuída no artigo 65 dos Estatutos da Universidade da Coruña.

Domingo Docampo Amoedo, rector magnífico da Universidade de Vigo, en virtude da competencia atribuída no artigo 97 dos estatutos da Universidade de Vigo.

EXPOÑEN

1. Que con data do 4 de decembro de 1998, a Xunta de Galicia e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, asinaron un protocolo de intencións para o desenvolvemento da Rede de Bibliotecas de Galicia.

2. Que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponden as competencias e funcións en materia de coordinación e planificación do Sistema Universitario de Galicia.

3. Que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é o órgano da Administración autonómica competente en materia de bibliotecas, polo que lle corresponde o desenvolvemento de recursos integrados nas redes de telecomunicacións da Xunta de Galicia para dar resposta ás necesidades existentes nesta materia.

4. Que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ten atribuídas, entre outras funcións, a ordenación, planificación e execución de competencias en materia de fomento da investigación e a elaboración da proposta e, se é o caso, execución de plans específicos de apoio para o acceso á información do persoal investigador.

5. Que as tres universidades de Galicia teñen, entre os seus obxectivos, proporciona-lo mellor servicio bibliotecario ás respectivas comunidades universitarias.

6. Que a S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia se constitúe como un elemento fundamental no apoio ó desenvolvemento tecnolóxico da investigación en Galicia, dando soporte ó servicio compartido de publicacións electrónicas do Sistema Universitario de Galicia.

É por iso que as partes asinantes acordan subscribi-lo presente convenio de colaboración, conforme ás seguintes.

CLÁUSULAS

Primeira.-A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e

Turismo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, todas elas gozando de autonomía neste campo, participan de común acordo e voluntariamente para crear conxuntamente o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, dotándoo cos recursos económicos necesarios.

Segunda.-O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia nace coa vontade de servicio á sociedade, con personalidade e coa independencia necesaria para poder desenvolve-los seus obxectivos co máximo rigor e con pleno respecto á autonomía universitaria.

Terceira.-O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia terá como obxectivo fundamental a mellora continua da calidade dos servicios bibliotecarios a través da cooperación interbibliotecaria.

Cuarta.-Créase o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e apróbanse os seus estatutos, que se xuntan no anexo a este convenio.

Quinta.-A Xunta de Galicia e as universidades do Sistema Universitario de Galicia contribuirán anualmente, a partir do ano 2002, ó financiamento do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, con cargo ós seus orzamentos de gasto, cun importe mínimo de 305.950.000 pesetas (1.838.796,53 euros) dos que 29.150.000 pesetas (175.195,03 euros) se destinarán a financiar gastos correntes do Consorcio e 276.800.000 pesetas (1.663.601,50 euros) a investimentos. Para este fin cada socio realizará en cada exercicio orzamentario, as contribucións que de seguido se indican con cargo ás aplicacións orzamentarias que se sinalan:

EntidadeContribución

a gastos correntes

Contribución

a investimentos

Xunta de Galicia

Cons. Educación e O. U.

7.579.000 ptas.

07.05.322C.440.4

35.292.000 ptas.

07.05.322C.741.0

Xunta de Galicia

Cons. Cultura e C. Social

11.368.500 ptas.

10.04.432A.440.0

0

Xunta de Galicia

S. Xeral I+D

0199.988.000 ptas.

04.07.432A.740.0

Universidades (UDC, USC e UVI)10.202.500 ptas*41.520.000 ptas.*

*: cada universidade achegará a terceira parte

Así mesmo, e para o presente exercicio a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento achegará para investimento un total de 60.000.000 de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 co fin de garanti-los servicios das publicacións actualmente dispoñibles.

Sexta.-Créase unha comisión de seguimento e interpretación deste convenio. As súas funcións serán as de seguimento, resolución dos problemas derivados da súa execución, propostas de mellora

deste e resolución de conflictos que poidan xurdir. A súa composición será a seguinte:

-Pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o director xeral de Universidades ou a persoa en quen delegue.

-Pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a directora xeral de Comunicación Social ou a persoa en quen delegue.

-Pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, o secretario xeral ou a persoa en quen delegue.

-Pola Universidade de Santiago de Compostela, o rector ou a persoa en quen delegue.

-Pola S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia o director do CESGA ou persoa en quen delegue.

-Pola Universidade da Coruña, o rector ou a persoa en quen delegue.

-Pola Universidade de Vigo, o rector ou a persoa en quen delegue.

Sétima.-O presente convenio terá vixencia durante cinco anos e considerarase prorrogado automaticamente por períodos similares salvo que sexa denunciado por algunha das partes cunha antelación mínima de 2 meses antes da súa finalización. Serán causas de resolución do convenio a non realización da finalidade deste, así como calquera outro incumprimento dalgunha das cláusulas establecidas. Neste suposto, e despois da reunión da comisión de seguimento, poderá darse por resolto por calquera das partes o convenio, procedendo, de se-lo caso, á devolución das achegas realizadas con destino específico se a súa finalidade non foi cumprida.

En proba de conformidade e obrigándose ó seu cumprimento, asinan o presente documento no lugar e data indicados.

ANEXO II

ESTATUTOS DO CONSORCIO DE BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS DE GALICIA

1. Disposicións xerais.

1.1. A Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, da Dirección Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual), a sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo constitúen un consorcio denominado Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia co obxectivo fundamental de mellora-la calidade dos servicios bibliotecarios a través da cooperación interbibliotecaria e coas finalidades seguintes:

a) Crear e xestiona-lo catálogo colectivo das bibliotecas do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, de maneira que se incremente a efectividade da investigación e do ensino ó aumenta-los recursos bibliotecarios dispoñibles de forma inmediata.

b) Incrementa-la productividade científica ó mellora-lo acceso da comunidade universitaria integrada no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ás coleccións bibliográficas existentes a través da información bibliográfica e do préstamo interbibliotecario.

c) Mellora-los servicios bibliotecarios e aforrar custos na catalogación, ó compartir recursos xa existentes, especialmente rexistros bibliográficos e de autoridades.

d) Experimentar e fomenta-la aplicación de novas tecnoloxías da información ós servicios bibliotecarios e potencia-la formación tecnolóxica do persoal que traballa nas bibliotecas.

e) Crear e xestiona-lo servicio de publicacións electrónicas e bases de datos referenciais.

f) Adquisición de recursos documentais, ben sexa mediante o establecemento de plans cooperativos de adquisicións e/ou de contratos de subministración de publicacións mediante convocatorias públicas comúns ás tres universidades.

g) Conexión a redes nacionais e internacionais.

h) Elaboración de estudios xerais sobre as necesidades bibliográficas comúns.

i) Colaborar noutras iniciativas que xurdan de cooperación interbibliotecaria e de catálogos colectivos, especialmente no ámbito galego.

j) Calquera outra iniciativa de cooperación interbibliotecaria que poida xurdir e posibilite ou mellore outros servicios das bibliotecas do Consorcio de Bibliotecas Universitaria de Galicia.

1.2. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten carácter voluntario e indefinido, sendo unha entidade de dereito público rexida polos seus estatutos e de maneira complementaria pola lexislación vixente.

1.3. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten personalidade xurídica propia e pode realizar actos administrativos, disposicións de bens, celebración de contratos, e en xeral, calquera outro acto para cumprir, de acordo coa lexislación vixente, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

1.4. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia poderá incorporar outras institucións logo de acordo do Consello de Goberno e aceptación destes estatutos por parte da institución solicitante e pasará a integrarse no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia con tódolos dereitos e obrigas do resto dos membros, e os seus representantes pasarán a formar parte do Consello de Goberno, na forma que se determine.

1.5. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia terá a súa sede no Centro Superior Bibliográfico de Galicia situado na rúa do Hórreo, nº 61 en Santiago de Compostela.

Por acordo do Consello de Goberno poderase cambia-lo domicilio da sede do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

2. Órganos de goberno.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia rexerase polos seguintes órganos:

-Consello de Goberno.

-Comisión técnica.

-Dirección técnica.

2.1. Consello de Goberno.

2.1.1. O Consello de Goberno é o órgano superior do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e está formado por:

-Dous representantes da Universidade da Coruña.

-Dous representantes da Universidade de Santiago de Compostela.

-Dous representantes da Universidade de Vigo.

-Un representante da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

-Un representante da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-Un representante da Dirección Xeral de Universidades.

-Un representante da S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia.

-O director técnico do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, con voz pero sen voto.

2.1.2. O Consello de Goberno disporá dos seguintes cargos:

-Presidente: o posto será desempeñado por un dos representantes das universidades seleccionado polo órgano de Goberno. Este posto será rotatorio e de carácter bianual.

-Vicepresidente: o posto será desempeñado por un dos representantes da Xunta de Galicia, seleccionado pola propia Xunta de Galicia.

-Secretario: o posto será desempeñado polo director técnico do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Ás reunións do Consello de Goberno poderán asisti-los membros da comisión técnica, con voz pero sen voto.

2.1.3. Calquera cambio na representación das institucións que formen parte do Consello de Goberno do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia comunicarase a este no momento de producirse.

2.1.4. As atribucións do Consello de Goberno son as seguintes:

a) Aprobación da memoria de xestión do exercicio.

b) Aprobación de contas e orzamentos.

c) Aprobación do plan anual de actividades.

d) Admisión de novos membros do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

e) Nomeamento ou cesamento do director técnico.

f) Modificación, interpretación e desenvolvemento dos presentes estatutos.

g) Aprobación dos regulamentos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

h) Acordo de disolución e liquidación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

i) Actos de disposición do patrimonio do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

j) Exercicio de accións xudiciais.

k) Creación de comisións de asesoramento sobre temas relacionados cos obxectivos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

2.1.5. O presidente do Consello de Goberno representará legalmente o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia nos actos, convenios e contratos nos que deba intervir e perante as autoridades e tribunais de toda clase, para o cal poderá outorga-los apoderamentos que estime oportuno.

2.1.6. O Consello de Goberno reunirase en sesión ordinaria alomenos unha vez ó ano. Pódese reunir en sesión urxente por iniciativa do presidente ou cando o soliciten como mínimo a terceira parte dos seus membros.

2.1.7. O secretario do Consello de Goberno redactará acta de cada reunión do Consello de Goberno.

2.1.8. O presidente do Consello de Goberno formalizará as convocatorias ás reunións do consello do seguinte xeito:

a) Convocatoria escrita incluíndo a orde do día.

b) Antelación mínima, alomenos de 15 días agás as sesións extraordinarias que serán cunha antelación mínima de 3 días laborais.

2.1.9. As sesións do Consello de Goberno quedarán constituídas cando se conte coa asistencia de, alomenos, a metade dos seus membros, máis o presidente e o secretario.

2.1.10. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos asistentes. No caso de empate, volverá a establecerse o asunto na seguinte sesión; se o empate persistira, a proposta será rexeitada.

2.1.11. Deberá contarse co voto favorable de, alomenos, as dúas terceiras partes dos membros do Consello de Goberno para adoptar acordos relativos a:

a) Proposta de admisión de novos membros no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

b) Proposta de modificación dos estatutos e o seu desenvolvemento regulamentario.

c) Nomeamento ou cesamento do director do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

d) Modificacións na participación económica dos membros no patrimonio do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

2.1.12. Deberá contarse co voto favorable da totalidade dos membros do Consello de Goberno nos seguintes casos:

a) Para incrementa-lo orzamento anual de gastos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia sempre que o dito incremento supoña aumenta-la contribución dos membros.

b) Para realizar modificacións na porcentaxe de participación dos membros no orzamento anual do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia prevista no número 3.1.a) dos presentes estatutos.

A modificación das obrigas financeiras das institucións do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, requirirán autorización previa, de forma expresa e por escrito, dos órganos de goberno destas institucións para o que estas se compromenten a verificalo coa urxencia necesaria respectando a lexislación vixente.

2.1.13. Os acordos e actos do Consello de Goberno, no non previsto nestes estatutos, axustaranse á lexislación vixente sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As súas decisións esgotarán a vía administrativa e contra estas poderá interpoñerse recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

2.2. Comisión técnica.

2.2.1. A Comisión técnica é o órgano de administración, proposta e asesoramento, coas facultades que lle asigne o Consello de Goberno.

2.2.2. A Comisión técnica estará integrada por:

-O presidente do Consello de Goberno, que será tamén presidente da comisión técnica. O presidente da comisión técnica poderá delega-las súas funcións no vicepresidente do Consello de Goberno.

-Os directores de Biblioteca das Universidades do Sistema Universitario de Galicia.

-O director técnico do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, que actuará tamén como secretario.

2.2.3. Son atribucións da comisión técnica:

-A proposta do programa global de actividades.

-A proposta do orzamento, tarifas e cadro de persoal.

-A proposta de revisión do orzamento.

-O informe da memoria de xestión e balance do exercicio anterior.

-A proposta de admisión de novos membros.

-A proposta de modificación de estatutos.

-A proposta de regulamentos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

-A proposta de exercicio de accións xudiciais.

-A creación de grupos de traballo de apoio técnico.

2.2.4. A comisión técnica reunirase, convocada polo presidente, alomenos unha vez cada trimestre.

2.2.5. Para a toma de decisións da Comisión Técnica deberán estar presentes alomenos a metade dos seus membros, así como o presidente e o secretario. Os acordos adoptaranse por maioría de votos emitidos.

2.3. Dirección técnica.

2.3.1. A Dirección Técnica é o órgano encargado da execución dos acordos e do cumprimento dos obxectivos marcados polo Consello de Goberno, así como das tarefas de xestión e planificación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia no marco dos acordos adoptados polo Consello de Goberno.

2.3.2. O director técnico desenvolverá as seguintes funcións:

a) Dirección e coordinación das actividades do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

b) Elaboración e presentación da memoria de xestión e rendición de contas do exercicio anterior.

c) Elaboración do anteproxecto de orzamentos.

d) Proposta e execución do plan anual de actividades.

e) Análise técnica de admisión de novos membros no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

f) Proposta de regulamentos de operación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

g) Proposta de operacións de crédito destinadas a cubrir necesidades de tesourería.

h) Contratación de persoal.

i) Xestión de pagamentos e ingresos de acordo co orzamento.

j) Dirección do persoal do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia así como contratacións de obras, bens e servicios.

k) Establecer contactos con terceiras institucións e organismos para levar a cabo os obxectivos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia dando conta ó Consello de Goberno.

l) Manter informado o presidente dos temas que excedendo as súas atribucións, pola súa urxencia, poidan afectar á consecución dos obxectivos marcados polo Consello de Goberno.

m) Propoñer á comisión técnica a creación de grupos de traballo de apoio técnico.

n) Calquera outra función que lle sexa delegada expresamente polo Consello de Goberno.

3. Réxime de financiamento.

3.1. Achegas para gastos de funcionamento.

Para a realización dos seus obxectivos o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia financiarase cos seguintes recursos:

a) A Xunta de Galicia e as Universidades do Sistema Universitario de Galicia contribuirán anualmente ó financiamento do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia cun importe mínimo de 305.950.000 pesetas (1.836.993,50 euros) dos que 29.150.000 pesetas (175.195.03 euros) se destinarán a financiar gastos correntes do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e 276.800.000 pesetas (1.663.601,50 euros) a investimentos. Para este fin cada socio contribuirá coa porcentaxe seguinte:

EntidadeContribución

a gastos correntes

Contribución

a investimentos

Xunta de Galicia

Cons. Educación e O. U.

2612,75

Xunta de Galicia

Cons. Cultura e C. Social

390

Xunta de Galicia

S. Xeral I+D

072,25

Universidades (UDC, USC e UVI)35*15*

*: cada universidade achegará a terceira parte

b) Achegas, subvencións, doazóns, legados e axudas de todo tipo recibidas de institucións públicas ou privadas ou de particulares, logo de acordo do Consello de Goberno.

c) Cotas de utilización de usuarios.

d) Calquera outra que lle corresponda percibir.

3.2. Para a realización dos seus obxectivos, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia recibirá as seguintes cesións de uso por tempo indefinido do equipamento procedente das institucións que a continuación se relacionan:

* Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual:

* 3 servidores de datos para publicacións electrónicas: 10.700.000 pesetas.

* S.A.X. Centro de Supercomputación de Galicia: non contribuirá ó financiamento de ningún gasto do consorcio e unicamente cede o uso, por tempo indefinido, do material seguinte:

* Servidor de datos GP7000: 38.448.530 pesetas.

* Software Innopac: 68.770.500 pesetas.

3.3. O consorcio ten a consideración de Administración instrumental e, polo tanto, debe aplicárselle o dereito administrativo e estará sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa. Concre

tamente deberá aplica-la normativa que en cada caso se indica para as seguintes materias:

a) En materia de persoal: normativa sobre función pública ou Convenio Colectivo da Xunta de Galicia e demais normativa laboral para a cobertura de postos de persoal laboral.

b) En materia de contratación administrativa: texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e a restante normativa complementaria.

c) En materia económico-financeira e orzamentaria: Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como a restante normativa complementaria.

4. Baixa de membros e disolución.

4.1. A baixa de calquera das entidades que forman o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia será notificada ó presidente do Consello de Goberno quedando obrigada a devandita entidade a cumprir con tódolos compromisos asumidos ata a conclusión do exercicio orzamentario en vigor, sen que resulten prexudicados os intereses do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia poderá exercer contra a entidade que o abandone sen cumprir tódolos compromisos asumidos, as accións legais que sexan pertinentes.

4.2. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia poderase disolver por acordo unánime das entidades que integran o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-la súa finalidade.

O acordo de disolución deberá determina-lo procedemento a seguir así como a distribución do seu patrimonio e a liquidación de tódolos seus bens, incluídos os derivados da propiedade intelectual das bases de datos bibliográficas.

5. Réxime xurídico.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, como entidade pública, rexerase polos presentes estatutos, os regulamentos que o desenvolvan e, de maneira supletoria:

a) Pola lexislación de aplicación ás universidades, en especial, a organización e funcionamento dos seus órganos de goberno.

b) Pola normativa que regule os dereitos de propiedade intelectual.

c) Pola lexislación que sobre bibliotecas e consorcios de bibliotecas poida dictarse no futuro.