Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de novembro de 2001 pola que se resolve a convocatoria de subvencións a corporacións locais e universidades para proxectos ou accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti-VIH/sida en Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 10 de agosto de 2001 (DOG nº 172, do 5 de setembro), pola que se dictan normas para a concesión de subvencións a corporacións locais e universidades para proxectos ou accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti-VIH/sida en Galicia.

Esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Aproba-los proxectos ou accións de investigación-acción que se recollen no anexo desta orde, así como adxudicárlle-las contías que se determinan.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Concellos

Solicitante

Título do proxecto

Importe

(ptas.)

Concello de CangasPrograma de prevención de VIH/sida300.000

Concello de Catoira

(Agrupación Baixo Ulla-Sar)

Proxecto accións antiVIH/sida300.000

Concello de CulleredoPrevención da sida100.000

Concello do GroveSexualidade e sida, «cousa de tod*s»400.000

Concello de MarínCampaña municipal contra a sida200.000

Concello de Monforte de Lemos

(Unidade Asistencial de Drogodependencias)

Programa de intercambio de xiringas e distribución de preservativos250.000

Concello de NigránPlan integral de acción VIH/sida. Nigrán300.000

Concello de PoioPrograma de intercambio de xiringas: «Nas túas mans»300.000

Concello de PonteareasCampaña formación, sensibilización e prevención VIH/sida para mozos/as300.000

Concello de Ribeira

(Plan Comunitario Municipal e UAD)

Obradoiro de nutrición para pacientes con VIH100.000

Concello de Ribeira

(Plan Comunitario Municipal e UAD)

Taller de menos risco200.000

Concello de Santiago de Compostela UMADPrograma de prevención de VIH/sida dirixido a adolescentes: taller de sexo máis seguro250.000

Concello de Santiago de Compostela UMADKamelamos guinar (Queremos contar)1.700.000

Concello de Santiago de Compostela UMADPrograma de prevención de transmisión de VIH/sida dirixido a usuarios e ex-usuarios de drogas: obradoiro de sexo máis seguro e obradoiro de consumo de menos risco65.000

Solicitante

Título do proxecto

Importe

(ptas.)

Concello de Santiago de Compostela UMADProgramas de rúa ou de achegamento con participación de usuarios e ex-usuarios: «Bola de neve».350.000

Concello de TuiActividades de formación prevención do VIH/sida300.000

Concello de Vilagarcía de ArousaObradoiros «Sexo seguro». Programa de prevención do VIH/sida200.000

Concello de Vilagarcía de ArousaObradoiros «Consumo de menos risco». Programa de prevención do VIH/sida200.000

Universidades

Solicitante

Título do proxecto

Importe

(ptas.)

Universidade de Santiago de Compostela

(Centro de Investigación en Psicoloxía do Consumidor)

Deseño, implantación e asesoramento ó persoal dos comités galegos antisida dun programa de prevención secundaria, baseado na formación de cara a minimiza-las complicacións de orixe alimentaria-nutricional no colectivo seropositivo de Galicia.750.000

Universidade de Vigo

(Facultade de Humanidades)

Reducción de riscos sexuais en centros de encontro de chicos/as (2ª parte).200.000

Universidade de Vigo

(Facultade de Humanidades)

Programa de reducción de riscos sexuais en internos/as do Centro Penitenciario O Pereiro de Aguiar (Ourense).200.000

Universidade de Vigo

(Facultade de Humanidades)

Investigación-acción sobre VIH en poboación escolarizada de alta montaña. Segunda parte.200.000

Universidade de Vigo

(Facultade de Humanidades)

Investigación-acción sobre VIH en poboación adolescente que esgotou a escolaridade obrigatoria sen obte-lo título de graduado en ensino secundario.200.000