Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (267/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario judicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 267/2001, por instancia de Roberto García Tasende, contra

empresa Esdico, Construcciones y Contratas, S.A. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, o 30 de outubro de 2001.

Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 267/2001, seguidos por instancia de Roberto García Tasende, maior de idade, asistido polo letrado José Luis Vázquez Pérez-Colemán, contra a empresa Esdico, Construcciones y Contratas, S.A., que non compareceu en autos e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa-Cisneros García, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo demandante Roberto García Tasende contra a empresa Esdico, Construcciones y Contratas, S.A. e o Fogasa, condenando a demanda a lle aboar ó demandante a cantidade de 265.759 pesetas polos conceptos reclamados na demanda, con absolución de Fogasa pois ningunha responsabilidade lle alcanza nesta instancia.

Notifíqueselles esa resolución ás partes, ás que lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a empresa Esdico, Construcciones y Contratas, S.A. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, o 30 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado