Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (215/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 215/2001, por instancia de Plácido Cazón González e outro, contra Electrónica Marina, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 22-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Plácido Cazón González e Miguel Ángel Solares

Branco contra a empresa Electrónica Marina, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe a cada un dos actores a cantidade de 427.312 pesetas por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya oficina principal desta cidade na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso,

declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Electrónica Marina, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 22 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado