Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (221/2001).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 221/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva dí:

Procedimiento: juicio de faltas 221/2001.

En Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

En nome del Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 221/2001, seguida por unha falta de danos, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Oliverio Pereiro Botana e, como denunciados Alberto López Cheda e Ramón Cea Rivadulla, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a Alberto López Cheda e a Ramón Cea Rivadulla, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Ramón Cea Rivadulla, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, o 25 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado