Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.036

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001 pola que se delegan nos delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o exercicio de determinadas competencias.

Tendo en conta o gran volume da actividade administrativa que a normativa lle atribúe á Dirección Xeral de Turismo, co fin de evitar unha concentración excesiva e lograr unha maior axilidade administrativa que redunde en beneficio tanto da Administración como dos administrados, faise conveniente que, dentro do respecto ós principios informadores da actuación administrativa, e con suxeición á normativa legal vixente, se deleguen nos delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, determinadas competencias.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño delegar nos delegados provinciais da Con

sellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o exercicio das seguintes competencias:

-Autorizacións das modificacións de grupo, categoría, capacidade, superficie e denominación dos establecementos hoteleiros.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación das cidades de vacacións.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación dos apartamentos, bungalows e outros aloxamentos similares de carácter turístico.

-Autorizacións das modificacións de categoría, capacidade, superficie e denominación dos acampamentos de turismo.

-Autorizacións das modificacións de grupo, capacidade, superficie e denominación dos establecementos de turismo rural.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación dos restaurantes.

-Autorizacións das modificiacións da categoría, capacidade, superficie e denominación das cafeterías.

-Autorizacións dos cambios de grupo, director, denominación e locais das axencias de viaxes e das súas sucursais.

-Visado dos regulamentos de réxime interior dos establecementos turísticos.

A Dirección Xeral de Turismo poderá, non obstante, avocar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as concedeu.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo