Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de novembro de 2001 pola que se declara de interese galego a Fundación Pazo Universitario Provincial e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 12 de novembro de 2001 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de outubro de 2001, pola que se clasifica como mixta a Fundación Pazo Universitario Provincial, e se adscribe á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Sarria, o día 18 de xaneiro de 2001, ante o notario Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias, co número cento setenta e nove do seu protocolo, por Francisco Cacharro Pardo, Blanca García Montenegro, Jesús Lence Ferreiro, José María López Rancaño, Juan Yáñez Díaz, Ramón Cortizo Cosme, Ramiro López López, Roberto López García, Ana María López Amarante, Manuel Pérez Masero, Eduardo Arias Ferreiro, Manuel Núñez Aldegunde, Carlos Costas Lombardía, Francisco López Santos

González-Paraños, Isidro Otero Bello, Antonio de Castro Vila, Antonio Garaloces Paz, Eduardo Míguez López, José Ramón Baldonedo Moreira, Alfredo Horacio Mosteirín Castañer, Antonio Luis Borrajo Cossío, María Trinidad Lombardero Fernández, José Ferreiro Fernández, Raúl José López López, Domingo José Trigo Pérez, Eduardo Valín Fernández, Edmundo Novoa González, Antonio López Vega e Pablo Campo Fernández; interveñen Francisco Cacharro Pardo en nome e representación da Deputación Provincial de Lugo e en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal, da entidade mercantil denominada Promotora de Alojamientos Lucenses S.A.; José Ferreiro Fernández, en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal, das seguintes entidades mercantís: a) Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, b) José Sanjurjo Construcciones S.L., c) Edelmiro López Rodríguez, d) Torvar, S.L., e) J. Constantino Núñez, S.L., f) Plásticos Ferro S.L., g) M. D. Lugo, S.L., h) Sementes de Galicia,

S.L., i) Ovidio Villar, S.A., j) Bloques Cando, S.L., k) Muebles La Fábrica Sarria, S.L., l) De Madera Madera, S.L.; Raúl José López López en nome e representación das entidades mercantís: Empresa Monforte, S.A.; Transportes La Unión, S.A., Hemisferios, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A. e Dársena Motor, S.L.; Blanca García Montenegro, en nome e representación da entidade mercantil El Progreso de Lugo, S.L.; Jesús Lence Ferreiro en nome e representación da entidade mercantil Leite Río, S.L.; José María López Rancaño en nome e representación da entidade mercantil Lácteos de Abadín, S.L.; Juan Yáñez Díaz en nome e representación da entidade mercantil Obras y Viales Bascuas, S.L.; Ramón Cortizo Cosme en nome e representación da entidade mercantil Obras y Construcciones Cortizo, S.L.; Ramiro López López no seu propio nome e dereito; Roberto López García en nome e representación da entidade mercantil Ingapan, S.L.; Ana María López Amarante en nome e representación da entidade mercantil Cemar

Alimentación, S.L.; Manuel Pérez Masedo en nome e representación da entidade mercantil Computer 3, S.L.; Eduardo Arias Ferreiro en nome e representación da entidade mercantil Edusol, S.L.; Manuel Núñez Aldegunde en nome e representación da entidade mercantil Hotel Torre de Núñez, S.L.; Carlos Costas Lombardía en nome e representación da entidade mercantil Costas Asesores, S.L.; Francisco López Santos González-Paraños en nome e representación da entidade mercantil Electromecánicos Viveiro, S.L.; Isidro Otero Bello en nome e representación da entidade mercantil Construcciones Isidro Otero, S.L.; Antonio de Castro Vila en nome e representación da entidade mercantil Castro Parga, S.L.; Antonio Garaloces Paz en nome e representación da entidade Balneario de Lugo, S.L.; Eduardo Míguez López en nome e representación da organización de productores pesqueiros de Lugo; José Ramón Baldonedo Moreira en nome e representación da entidade mercantil Construcciones y Promociones J.Díaz Fernández,

S.L.; Alfredo Horacio Mosteirín Castañer en nome e representación da entidade mercantil Castañer y Castañer, S.L.; Antonio Luis Borrajo Cossío en nome e representación da entidade mercantil Pebosa, S.A.; María Trinidad Lombardero Fernández en nome e representación da entidade mercantil Hotel Santiago, S.L.; Domingo José Trigo Pérez en

nome e representación da entidade mercantil Sport Auto Lugo, S.L.; Eduardo Valín Fernández en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal, da entidade mercantil Transportes Valín e Hijos, S.A.; Edmundo Novoa González en nome e representación da entidade mercantil Lartimer, S.A.; Antonio López Vega en nome e representación da entidade mercantil Investigación y Control Lugo, S.L. e Pablo Campo Fernández en nome e representación da entidade mercantil Europizarras, S.A.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 4 dos seus estatutos, ten por obxecto fomenta-la práctica deportiva entre a xuventude e a comunidade educativa e universitaria, e ademais, a título enunciativo, poderá:

-Xestionar actividades deportivas, directamente ou a través de convenios ou contratos.

-Ser titular de accións ou outros títulos de entidades de natureza societaria ou asociativa.

-Fomentar e organizar encontros, seminarios e convencións, co fin de profundar no achegamento da xuventude, da familia e da comunidade universitaria ó deporte, directamente ou a través de convenios ou contratos.

-Ser un nexo de unión coas empresas e entidades interesadas en fomentar unha cultura e valores tomando como referencia o deporte e a súa vinculación coa familia, coa xuventude e coa comunidad universitaria.

-Potencia-la integración da universidade e o que representa na provincia, a través do concepto que supón a práctica do deporte e a súa xestión.

-Coadxuvar ó sostemento e promoción do deporte, a través de contratos ou convenios con entidades deportivas.

-Fomento, promoción e participación en proxectos e programas nacionais e internacionais, propios ou alleos, que contribúan ó desenvolvemento económico, cultural e ambiental, no seu sentido máis amplo.

-Elaboración de estudios e proxectos sobre os puntos anteriores.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación Pazo Universitario Provincial, ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación Pazo Universitario Provincial no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño,

de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro de Presidencia e Administración Pública