Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 16 de novembro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e II da Orde do 4 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 13 de xullo).

A Orde do 4 de xullo de 2001 da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (DOG do 13 de xullo), aprobaba, por unha banda, as bases que rexerán as convocatorias de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en tecnoloxías da información e das comunicacións (anexo I) e pola outra, as axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en tecnoloxías da información e das comunicacións (anexo II), correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 6 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da citada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designadas polo secretario xeral de investigación e desenvolvemento, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e polo director xeral de Comunicación Social, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Na súa virtude, e atendendo por proposta elaborada polas comisións de selección correspondentes,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concede-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en tecnoloxías da información e das comunicacións ás persoas que se relacionan no anexo I

da presente resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación consonte as normas establecidas nas bases da convocatoria.

As axudas comprenden a totalidade da subvención incrementada un 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en tecnoloxías da información e comunicacións ás empresas que se citan no anexo II da presente resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos mencionados anexos I e II e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non acadar, no proceso de selección, a prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia consonte o establecido nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo anta a Sala do Contencioso-Administativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e sen prexuízo de

que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 4-7-2001,P.D. (Orde 4-7-2001,

DOG do 13 de xullo)DOG do 13 de xullo)

Miguel Ángel Ríos FernándezRosanna López Salgueiro

Secretario xeral de InvestigaciónDirectora xeral

e Desenvolvementode Comunicación Social

ANEXO I

Solicitante

Código da axuda

Título

Anos

2001

Miles de ptas.

2002

Miles de ptas.

2003

Miles de ptas.

2004

Miles de ptas.

Totais

Miles de ptas.

Persoal

Cabello Ferrer, DiegoPGIDT01TIC20601PNReconstrucción 3D de fémur a partir de imaxes CT: aplicacións a traumatoloxía en contornos móbiles33.200350350973.997Non

Solicitante

Código da axuda

Título

Anos

2001

Miles de ptas.

2002

Miles de ptas.

2003

Miles de ptas.

2004

Miles de ptas.

Totais

Miles de ptas.

Persoal

Castedo Ribas, LuisPGIDT01TIC10501PMEnhanced diversity and space-time coding for underground metro and railway transmission (escort)11.6003951.995Non

De Lorenzo Rodríguez, M. EditaPGIDT01TIC32201PRDeseño e simulación dun sistema de detección de tumores canceríxenos en mama mediante ondas electromagnéticas38.0201.50040020010.120Si

Fernández Rivera, Francisco ManuelPGIDT01TIC20602PMDevelopment of grid enviroonment for interactive applications1299299Non

Mariño Espiñeira, PerfectoPGIDT01TIC30301PRDeseño e despregamento de redes e servicios de comunicacións baseados en tecnoloxías de acceso radio de banda larga312.2003.0002.00029017.490Si

Michinel Álvarez, Humberto JavierPGIDT01TIC38301PNModelización, desenvolvemento e caracterización de fontes de pulsos láser para sistemas de telecomunicacións por fibra óptica32.513600500503.663Si

ANEXO II

Aplicación orzamentaria 04.07.432A.770.0

Solicitante

Código da axuda

Título

Persoal

Anos

2001

Miles de ptas.

2002

Miles de ptas.

2003

Miles de ptas.

2004

Miles de ptas.

Total

Miles de ptas.

% Subvención sobre o total subvencionable do proxecto

Bonaval Multimedia, S.L.PGIDT01TIC01EIntegrado de soft e hard de xestión para Internet en tempo realSi22.6002.5006005.70075
Pórtico de Comunicaciones, S.L.Non21.6001001001.80075

Centro de Supercomputación de Galicia, S.A.X.PGIDT01TIC02EE-MinderSi310.1005.3003.5002.40021.30050

Dioptra, S.L.PGIDT01TIC03EToporede: sistema de captura e xestión de datos topográficos sobre PDA para a comunicacion remota campo-oficina técnicaSi23.4002.7001.2007.30075

Dioptra, S.L.PGIDT01TIC04EProxecto para o deseño de contidos interactivos relativos a tecnoloxías da xeoinformación para a súa difusión por Internet e sistemas de telefonía móbil de nova xeraciónSi23.8502.7001.0007.55050

Endesa Generación, S.A.PGIDT01TIC05ESaga: sistema de apoio á decisión para a xestión da calidade do aireSi22.4002.5001.3006.20050

Femsa Formación, S.L.PGIDT01TIC06EDesenvolvemento precompetitivo de plataforma informática para o ensino a traves da Internet con inclusion dun curso multimedia piloto para esta e desenvolvemento dun sistema de asistencia a xeración de contidos baseados en axentes software con características deSi34.4002.4001.0001.0008.80050

Imaxin SoftwarePGIDT01TIC07EEstudio e adquisición de recursos básicos de lingüística computacional do galego para elaboración e mellora de aplicacións informáticas de tecnoloxía lingüísticaSi35.1002.5001.6001.35010.55075

Infoagro, S.L.PGIDT01TIC08EDesenvolvemento dun software específico para a xestión técnica e económica de explotacións de vacún leiteiroSi12.0001.2003.20050

Interarte Servicios Multimedia, S.L.PGIDT01TIC10EAgorasenior. Definición dos requisitos do interface gráfico e funcional, da estructura de contidos e servicios dun portal web de ámbito galego para as persoas maioresSi12.7252.5005.22575

Puerto de Celeiro, S.A.PGIDT01TIC12EPortal pesqueiro de Porto CeleiroNon17.0005.00012.00050

Softwcare, S.L.PGIDT01TIC14EDesenvolvemento de método e prototipo para análise estático de fallos de software críticoSi22.0002.2159005.11575

Zozo, S.L.PGIDT01TIC16EZ-mentorSi11.9251.3503.27550

Aplicación orzamentaria 10.04.432A.770.0

Solicitante

Código da axuda

Título

Persoal

Anos

2001

Miles de ptas.

2002

Miles de ptas.

2003

Miles de ptas.

2004

Miles de ptas.

Total

Miles de ptas.

% Subvención sobre o total subvencionable do proxecto

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.PGIDT01TIC09EModelo de xestión de stocks por punto de pedido para empresas industriaisSi11.5405402.08050

Macrosistemas, S.A.PGIDT01TIC11EDeseño dun programa de control de producción e calidade para a pequena e mediana empresaSi12.3251.4003.72550

Seintel, S.L.PGIDT01TIC13EContinuación de desenvolvemento avanzados de solucións CTISi16.5801.5808.16050

TLR Soft, S.L.PGIDT01TIC15EProxecto ATIDE (aliñación transmisión de información dixital estructurada). Primeira fase: infotarifaNon38.7001.25080025011.00050