Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de novembro de 2001 de creación do ficheiro de datos de carácter persoal existente na Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería da Presidencia e Administración Pública

DISPÓN:

Artigo 1º

Mediante esta orde a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos crea o ficheiro especificado no anexo, que contén a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Artigo 2º

O titular do órgano responsable deste ficheiro adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 3º

Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, ó que se refire o anexo, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Disposicións adicionais

No caso de cesións dos datos ós servicios de Estatística das Administracións Públicas haberá que aterse, ademais, ó disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposicións derradeiras

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Ficheiro de nova creación da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Habilitado, xestión de pagamentos de habilitación.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestiona-los pagamentos por habilitación da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal: empresas que subministren bens ou presten servicios para a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

c) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no correspondente documento de seguridade.

d) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: NIF, nome e apelidos, enderezo, localidade, código postal, concello, provincia, teléfono, fax, correo electrónico.

-Datos de información comercial: actividades e negocios.

-Datos económico-financeiros: datos bancarios, bens e servicios subministrados, transaccións financeiras e tipo de provedor para facenda.

e) Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, dependente organicamente da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

f) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

g) A responsabilidade de seguridade correspóndelle á Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

h) Procedemento de recollida de datos: obtéñense das facturas ou documentos substitutivos emitidos polos provedores.

i) Cesión de datos: ningunha.