Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio do expediente sancionador 19/2001 a Dolores Vilar López.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 19/2001, seguido en virtude de denuncia formulada por Tristán Calvo Sánchez contra Dolores Vilar López, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador pola realización de obras ilegais na súa vivenda de promoción pública con expediente LU-1483, sita no número 8 da rúa Concello de Cervo de Foz.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 19/2001.

Vista a denuncia presentada por Tristán Calvo Sánchez contra Dolores Vilar López, como propietaria da vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo de Foz (Lugo), e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data 6 de agosto de 2001, por Tristán Calvo Sánchez, formúlase denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre a realización de obras ilegais na vivenda nº 8 da rúa concello de Cervo de Foz, propiedade de Dolores Vilar López.

2. Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 180/2001, nas que se comprobou, mediante informe dos servicios técnicos deste instituto, a realización de obras no inmoble citado que supoñen aumento de volume respecto ó estado primitivo, e a variación da configuración arquitectónica do edificio, coa apertura de ventás en espacio baixo cuberta e cambio de situación da porta de entrada á vivenda.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a súa notificación deste acordo para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no epígrafe e), do artigo 5 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunta responsable Dolores Vilar López, podendo corresponder unha sanción de 100.001 a 500.000 pesetas de multa, sen prexuízo do que resulta da tramitación deste procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o considerado nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

Primeiro.-Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Dolores Vilar López, como presunta responsable dos feitos sinalados.

Segundo.-Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

Terceiro.-Conceder un prazo de quince días para que os interesados acheguen cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese este acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de setembro de 2001.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo