Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de vivenda E.S.OU-07/2001 e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro),

notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo, advírteselles que deberán ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobro de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 18 de outubro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-07/2001.

Presunto responsable: Antonio Gómez Murciego.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 56, bloque A, 1º D, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

Expediente nº E.S. OU-14/2001.

Presunto responsable: José Gavella Oviedo.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 58, bloque A, baixo, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

Expediente nº E.S. OU-17/2001.

Presunto responsable: José Sández Prieto.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 56, bloque A, 2º C, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

Expediente nº E.S. OU- 18/2001.

Presunto responsable: Antonio Neira Arias.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 62, bloque B, baixo, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

Expediente nº E.S. OU-21/2001.

Presunto responsable: Aurelio Rodríguez Núñez.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 68, bloque D, 1º C, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

Expediente nº E.S. OU- 22/2001.

Presunto responsable: Ramón Guitián Arias.

Último enderezo coñecido: Grupo Valdegodos, nº 68, bloque D, 2º D, 32340 Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 500.000 pesetas.