Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Guitiriz (polígonos A e B).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderán ser examinado nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo, das 10 ás 14 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 horas do último día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo, o terceiro día hábil seguinte, excepto sábados contado desde o último para a presentación das proposicións.

Lugo, 9 de novembro de 2001.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo