Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se citan, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados, e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato suscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se personen na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que, en caso contrario, se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 17 de outubro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

José Luis Durán Pereira.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 255.

Enderezo: praza 200, bloque VII, 7º C, 32001 Ourense.

Importe da débeda: 234.364 pesetas.

Mª Pilar Fernández López.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 89.

Enderezo: Pablo Iglesias, nº 3, torre 2, 7º C, 32004 Ourense.

Importe da débeda: 2.747.066 pesetas.

José Jiménez Montoya.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 4.

Enderezo: Pablo Iglesias, nº 2, 2º B, 32004 Ourense.

Importe da débeda: 2.577.469 pesetas.

Mª Pilar Iglesias Armada.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 52.

Enderezo: Estrada de Vigo, portal 1B, 6º D, 32001 Ourense.

Importe da débeda: 222.063 pesetas.