Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 6 de novembro de 2001, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se notifica a proposta do expediente sancionador PESAN1 2001/000792-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000792-1.

Denunciado: Ramón del Solar Baqueiro.

DNI: 35289876-X.

Enderezo: r/ Calvo Sotelo, 52, 2º C, Marín.

Ribeira, 6 de novembro de 2001.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira