Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (238/2000).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia, que no seu encabezamento e decisión di:

«Sentencia. En Ribeira a dezanove de setembro de dous mil un. Vistos por min, Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, os presentes autos de xuízo de faltas nº 238/2000, seguidos ante este xulgado por presunta falta de circular carecendo de seguro obrigatorio de responsabilidade civil, na que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, no exercicio da función pública, o axente da Policía local de Boiro con carné profesional nº 111012, como denunciante, e Juan Manuel Fernández Quintáns como denunciado.

Parte dispositiva. Que debo condenar e condeno a Juan Manuel Fernández Quintáns como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código penal, á pena dun mes e quince días de multa, cunha cota de 1.000 pesetas por día, con arresto substitutorio dun día por cada dous días de multa que resulten

non pagadas, con imposición de custas do xuízo. Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse perante este xulgado e no que, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións nas que se base a imputación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Juan Manuel Fernández Quintáns, expido e asino este edicto.

Ribeira, 25 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado