Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.009

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (43/2000).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira.

Certifico: que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia, que no seu encabezamento e decisión di:

«Sentencia. En Ribeira o dezanove de setembro de dous mil un. Vistos por min, Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, os presentes autos de xuízo de faltas nº 43/2000, seguidos ante este xulgado por presunta falta de furto, na que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal no exercicio da función pública, José Antonio Vidal Romero e Josefa Romero Lampón, como denunciantes, e Luis Alberto Barreiro Rego como denunciado.

Parte dispositiva. Que debo condenar e condeno a Luis Alberto Barreiro Rego como autor responsable dunha falta do artigo 623.1º do Código penal, á pena de seis fins de semana, todo iso con imposición de custas. Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 976 e seguintes da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Luis Alberto Barreiro Rego, expido e asino este edicto.

Ribeira, 25 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado