Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.009

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (529/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Natalya Pavlivna Kryvytska, contra Antonio Manteiga Jarrazo, sobre demanda de divorcio número 529/2001, se dictou resolución con data do 25 de outubro de 2001, na que se acordou a publicación do seguinte edicto.

Cédula de emprazamento:

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 529/2001, por instancia de Natalya Pavlivna Kryvytska, representada pola procuradora Dolores Villar Pispieiro, por medio desta cédula e con entrega das oportunas copias da demanda e dos documentos que se lle xuntan, confíreselle traslado e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, e propoña, de se-lo caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non lle facer máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e lle sirva de emprazamento á parte demandada, Antonio Manteiga Jarrazo, expido esta cédula na Coruña o 25 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado