Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (349/1999).

Por telo así acordado a maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, María Antonia Rey Eibe, en providencia do día da data, recaída en execución número 152/1999 (autos número 349/1999), seguida por instancia de Consuelo García Fuentes, contra Mercedes Fernández Mato, sobre salarios, e co fin de obte-la cantidade de 930.012 pesetas de principal, máis 90.000 pesetas calculados provisionalmente en concepto de custas e xuros, pola que se dictou auto de execución contra o condenado, polo presente edicto anúnciase a venda en pública poxa, que terá lugar o día dez de decembro de dous mil un, ás doce trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado (no primeiro pois do edificio dos xulgados r/ Monforte número 1 A Coruña), dos seguintes bens propiedade do condenado:

1. Monte Tallón de Serantes.

Predio na parroquia de Fao-Pena, limita ó norte, propiedade de Antonio Couto; sur, propiedade de José Louzao Pallares; leste, propiedade de herdeiros de Ramón Varela; e oeste, propiedade de Manuel Vilas Cao.

Superficie: 0,328 hectáreas. Referencia catastral 150860000005000569FR.

Valorada en 54.600 pesetas.

2. Monte As Penas dos Monteiros.

Predio na parroquia de Fao-Pena. Linda ó norte, José Fernández Puga; sur, propiedade descoñecida; leste, herdeiros de Manuel Esturao; e oeste, estrada que une as parroquias de Vilar e Calvos.

Superfercie: 1.070 metros cadrados.

Valorada en 64.200 pesetas.

2. Monte Barranca da Tenza.

Predio na parroquia de Fao-Pena. Linda ó norte, propiedade de herdeiros de Manuel Esturao; sur, propiedade de Concepción Barreiro; leste, propiedade de Manuel Fernández Puga; e oeste, herdeiros de Juan Puga.

Superficie 4.288 metros cadrados.

Valorada en 532.200 pesetas.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostos no taboleiro de anuncios do xulgado e do Concello de Touro.

E para a súa publicación no DOG, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de outubro de 2001.

Agustín Ignacio Pena López

Secretario xudicial