Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (972/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 972/2000, por instancia de Antonio Jaime Bello Vázquez contra INSS e outra sobre incapacidade, nos que recae sentencia en data 29-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Antonio Jaime Bello Vázquez, condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social a aboarlle o subsidio de incapacidade temporal na contía sinalada no fundamento cuarto da presente resolución, na contía total de 80.036 pesetas, se ben desta cantidade, os días 4 ó 15 son por conta da empresa Ignacio Bravo González, polo que o Instituto Nacional da Seguridade Social pode resarcirse da cantidade correspondente a custa desta.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ignacio Bravo

González, expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado