Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 19 de outubro de 2001 do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e polo Concello de Vedra.

Antecedentes.

Segundo a Lei 6/2001, do 8 de maio de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data do 1 de agosto de 2001.

O obxecto do proxecto é a definición das obras e instalacións necesarias para a clausura, selaxe e recuperación ambiental do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña), que se atopa na parroquia de San Fins de Sales, a aproximadamente uns 4.500 m do núcleo urbano de Vedra. A superficie do vertedoiro ocupada por residuos urbanos é de 1.800 m, e o seu volume é de 6.496 m.

Neste lugar realízase desde fai oito anos a vertedura dos residuos sólidos urbanos do municipio. Aínda que ó vertedoiro foi clausurado fai dous anos, cubríndose cunha capa de saburra e procedéndose ó seu valado perimetral para impedir novas verteduras, a instalación continúa sendo un foco de contaminación e de degradación ambiental. Os residuos son perfectamente visibles nos bordos dos noiros, xerando un forte impacto visual.

Por outra banda, o noiro da parte posterior da parcela presenta unha pronunciada pendente, co conseguinte perigo de derruba sobre os predios colindantes. As instalacións carecen actualmente de dispositivos de control ambiental.

O vertedoiro está situado entre dous afluentes dos ríos Santa Lucía e Pereiro. Sendo este último o máis próximo o vertedoiro, a unha distancia de 30 m. Ámbolos dous ríos conflúen no río Ulla.

A vexetación do contorno está representada por masas forestais formadas principalmente por Pinus pinaster (piñeiro) e Eucaliptus globulus (eucalipto), asociadas a especies arbustivas tipo Ulex sp. (toxo) e Ctysus sp. (xesta).

Co obxecto de rexenera-la zona prevese realizar unha sementeira de herbáceas e arbustivas e unha plantación de arbustivas na zona que se vai selar. As especies que se van empregar serán: xoio (Lolium perenne), (Agrostis curtissi), dactilo (Dactilis glomerata), festuca encarnada (Festuca rubra), trevo encarnado (Trifolium pratense), trevo branco (Trifolium repens), xesta (Citysus scoparius) e queiroga (Calluna vulgaris).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras previstas no estudio ambiental presentado.

O estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña) someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 1 de agosto de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 170 do 3 de setembro de 2001. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña recíbese con data do 18 de outubro de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data do 2 de agosto de 2001 consúltase á Dirección Xeral de Saúde Pública e a Augas de Gali

cia, non tendo constancia da emisión dos informes no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Efectuada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Vedra.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Vedra, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do concello de Vedra. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinado o documento:

-Proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña). Marzo 2001, e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas nesta declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Vedra (A Coruña).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Haberá que aterse ó disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como ó esti

pulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións meteorolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións nas chemineas de desgasificación non sexan percibidas de forma habitual polas poboacións do contorno e, se é o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

4. Sobre as augas.

Tendo en conta proximidade dos ríos Santa Lucía e Pereiro, terase en conta que para calquera vertedura de efluentes, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

As regas previstas para evita-la emisión de po efectuaranse de xeito que se humecte o solo, pero non se formen asolagamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos, de tal xeito que non se impida o libre fluxo de auga.

Os lixiviados acumulados na balsa durante o mantemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata unha estación depuradora de augas residuais.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, deberanse colocar sistemas de disipación de enerxía (empedramentos, pequenos diques, etcétera) nos puntos de vertedura. Así mesmo, nestes puntos débense impedi-los fenómenos de asolagamento ou deposición.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e se restrinxa o movemento da maquinaria ás zonas destinadas ó efecto.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexis

lación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, realizaranse regas regulares, fertilización mineral de reforzo anual, resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e reposición de faltas.

A densidade de plantación de arbustos será de acordo co indicado no proxecto, de 10.000 pés//ha.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

O peche perimetral deberá asegura-la súa función en todo momento, limitando a entrada polos accesos só a persoal autorizado.

8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir, ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da Administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se van remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar así mesmo a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:250 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar incluíndo a zona non selada. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contada desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no anexo nº 13 do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado, indicando os volumes e as súas características.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais, dos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se van realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Vedra poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente as obras ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia, poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. Esta resolución adoptada por esta dirección xeral non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan xeral de ordenación urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónParroquia de San Fins de

Sales, concello de Vedra

Superficie ocupada por RSU1.800 m

Volume RSU6.496 m

Tipos de residuosRSU, inertes e voluminosos.

Tipo de vertedoiroEn foxas e superficie.

Período de funcionamento8 anos

Situación actual e situación prevista coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo

impermeabilizado

Non, terreo

natural

Non, terreo natural

Drens lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonSi

TratamentoNonA depósito e traslado a EDAR

GasesDrensNonSi

Captación NonSí, 4 pozos

TratamentoNonExtracción pasiva

PluviaisGabias de recollida perimetral NonSi

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/Capa impermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNalgunhas zonasSi

EstabilidadeEstabilidadeNonSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de asentamentoNivelación e compactación do material existente, con achega adicional de xabre

Protección da capa de impermeabilizaciónXeotéxtil 300 g/m

Capa de impermeabilizaciónLámina de PEAD de 2 mm de espesor

Capa de drenaxeXeocomposto drenante

Capa de cobertura70 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras.

Atmosfera.

Eliminación dos procesos de combustión que sofren os residuos e reducción das emisións gasosas producidas polo vertedoiro. Para isto último disporase dun sistema de captación baseado na instalación de pozos de evacuación de gas.

Solo.

Recuperarase o terreo, para o que se disporá como capas finais de selaxe terra mineral e terra vexetal, coas condicións necesarias para soportar unha vexetación que garanta a estabilidade deste solo incorporado e para facilita-la recolonización vexetal.

Augas.

Recolleranse os lixiviados producidos e conduciranse ata unha balsa, de onde periodicamente serán recollidos e adecuadamente xestionados.

Proxéctanse as drenaxes necesarias para evita-la entrada de auga de escorrega no interior.

Vexetación.

Non se poderá afectar a ningún tipo de vexetación que non se atope no interior do vertedoiro limitando a eliminación desta ó estrictamente necesario.

Achegarase o substrato axeitado para a implantación da vexetación que recolle no proxecto, o que permitirá restituír hábitats e o acceso da vexetación natural.

Procederase a revexetar coas especies e concionantes sinaladas no proxecto, o que facilitará por outro lado a sucesión climácica.

Fauna.

Coa creación de novos hábitats producirase unha progresiva utilización destes espacios por especies máis esixentes e en condicións de maior naturalidade.

Paisaxe.

O conxunto das medidas anteriormente comentadas permitirá a integración paisaxística da zona recuperada, tanto pola adecuación fisiográfica, como pola eliminación dos voantes.

Socioeconomía.

Elimínase na súa práctica totalidade calquera risco para a saúde das persoas motivada pola presencia do vertedoiro, ó tempo que se produce un aumento no valor económico de terreos próximos e a recuperación de usos diferentes ó previo.

Impúlsase a necesidade de aplicar sistemas ambientalmente máis adecuados na xestión dos RSU.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental