Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.527.318 e dúas máis).

a) Obra.

1. Saneamento e abastecemento de Burela - primeira fase (Burela-Lugo).

Clave: OH.527.318

Orzamento: douscentos cincuenta e catro millóns setecentas setenta e cinco mil oitocentas setenta pesetas (254.775.870 pesetas, equivalente a 1.531.233,82 euros).

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Ampliación da rede de auga potable á zona de Couso e A Graña (Ribeira-A Coruña).

Clave: OH.215.492.

Orzamento: trinta e sete millóns setecentas oitenta e tres mil novecentas dezanove pesetas (37.783.919 pesetas, equivalente a 227.085,93 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Renovación do saneamento da travesía de Bóveda (Bóveda-Lugo).

Clave: OH.327.317.

Orzamento: cento dous millóns novecentas dez mil nove pesetas (102.910.009 pesetas, equivalente a 618.501,61 euros).

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia, ou enviarse por

correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día catorce (14) de decembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vintesete (27) de decembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia