Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto, para a contratación do Servicio de Atención ó Teléfono do Menor.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 26/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Servicio de Atención ó Teléfono do Menor.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.360.000 pesetas (62.264,85 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 4% importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información administrativa e técnica: 981 54 46 41-54 46 58.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Intranet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=837.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude