Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

EDICTO do 6 de novembro de 2001, da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 36/36/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, toda vez que intentada a notificación, a través do servicio de correos, non se puido practicar.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, sito no edificio de San Caetano, bloque 3, 2º andar, e presenta-las alegacións que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

P.A.

Roberto Pena Puentes

Instructor

Visto e prace

Francisco Castro Allegue

Subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente: S- 36/36/2001.

Denunciado: Inversiones Basmar, S.A.

Ultimo enderezo coñecido: Pintor Laxeiro, 13, de Vigo.

Feitos denunciados: incumprimento da resolución do director xeral de Patrimonio Cultural con data do 28 de xuño de 1999.

Data do acordo de incoación: 28 de maio de 2001.

Data da proposta de resolución: 24 de outubro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Sanción: 9.319.625 pesetas.