Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de outubro de 2001 pola que se aproba a transmisión da titularidade dun parque de cultivo, a favor de Pescados Muíños, S.L.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dun parque de cultivo de ameixa fina, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 5-3-1999, María Asunción Pena Lage no seu nome solicitou autorización para transmisión da concesión dun parque de cultivo de ameixa fina da súa titularidade.

Segundo.-Os informes do biólogo da Delegación Territorial da Coruña sobre o estado de explotación do parque, indican unha baixa productividade, polo que o adquirente presentou un compromiso de poñelo en óptimas condicións de explotación no caso de que foise autorizado o cambio de titularidade solicitado.

Terceiro.-Tendo en conta que o informe do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e, así mesmo, o Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas o 25-4-2000, autorizou a transferencia da concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, autorizo a transmisión inter vivos, a favor de Pescados Muíños, S.L. (CIF B-15240591), da concesión administrativa do parque que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo.

Situación:

Enseada de Ladrido, lugar coñecido por Pozo do Pilón, concello de Ortigueira.

Especies autorizadas:

Ameixa fina (Ruditapes decussatus).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 13-2-1974 (BOE nº 64, do 15 de marzo).

Remate da vixencia: 25-2-2004.

Actual titular: María Asunción Pena Lage (DNI 32528450).

Adquirente: Pescados Muíños, S.L. (CIF B-15240591).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Condición especial única.-Esta autorización queda condicionada á posta en explotación do parque de que se trata por parte do novo concesionario, para o que se lle concede un prazo de seis meses contados a partir da entrada en vigor da presente, anulándose en caso contrario o cambio de dominio.

Contra esta autorización, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de outubro de 2001.

(P.D. Orde 14-6-1999, DOG nº 120,

do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña