Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 29 de outubro de 2001, da Delegación Comarcal de Ferrol, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador PESAN1 2001/000335-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se citan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a Delegación Comarcal de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ferrol, praza Camilo José Cela, s/n, edificio administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000335-1.

Denunciado: José Francisco López Bustabad.

DNI: 32683920.

Enderezo: Emilia Pardo Bazán, bl. 47, PTL 54-1º C Ferrol.

Ferrol, 29 de outubro de 2001.

Mª Josefa Puentes Otero

Instructora