Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/247).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.

Denominación: CC.TT.AA. dos Ricos e O Calexo.

Situación: Visantoña (Mesía).

Descricións técnicas: dous centros de transformación, tipo aéreo, sobre apoios de formigón, que derivan da liña eléctrica a 20 kV A Igrexa-Visantoña, no lugar dos Ricos, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z., que se conecta á existente. No lugar do Calexo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, que se conecta a rede existente. Mesía.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 10 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña