Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (185/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 185/2001 e acumulados contra a empresa Instalacións Galiza, S.L., sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 19 de outubro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 185/2001 e 196/2001, 235/2001 e 287/2001, acumulados deste xulgado e 271/2001 do Xulgado do Social número un, seguidos por instancia de Jorge López Penas, Ramón Pijuán Averhoff, Carlos Alberto Pijuán Díaz, maiores de idade, asistidos polo letrado Pedro Pedreira Caudal, a Ricardo Rivero Castillo, Santiago Díaz Sosa, José Ángel Abalde Reyes, maiores de idade, representados e asistidos polo letrado antedito, contra a empresa Instalacións Galiza, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta polos demandantes contra a empresa Instalacións Galiza, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades: a favor de Jorge López Penas, 185.806 pesetas, a favor de Ramón Pijuán Averhoff, 469.944 pesetas; a favor de Carlos Alberto Pijuán Díaz, 184.955 pesetas; a favor de Ricardo Rivero Castillo, 251.770 pesetas;

a favor de Santiago Díaz Sosa, 234.289 pesetas e a favor de José Ángel Abalde Reyes, 320.423 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cindo días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número dos autos.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Instalacións Galiza, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado