Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia. (63/2001).

Nos autos de xuízo de faltas 63/2001, seguidos ante este xulgado por unha falta contra a orde pública, de conducir vehículos de motor carecendo do correspondente seguro obrigatorio, en virtude de denuncia presentada pola policía local desta cidade, contra Jorge Manuel Rey Rivas, con data do 14 de setembro de 2001, dictouse sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción numero seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 63/2001, seguidos neste xulgado sobre conducción sen seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciado Jorge Manuel Rey Rivas, (seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito).

Decido que debo condenar e condeno a Jorge Manuel Rey Rivas como autor dunha falta contra a orde pública, de conducción dun vehículo de motor carecendo do seguro obrigatorio, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria de pena de multa na contía de mil pesetas, e sinalando a

responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privacion de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado condenado Jorge Manuel Rey Rivas, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado